Mariña no Mercado da Colleita

4 xuño, 2015

O Mercado da Colleita e unha iniciativa para impulsar a competitividade de Galicia a través do desenvolvemento socioeconómico do medio rural. Do 15 de maio o 31 de xullo, abriu unha pop-up store (tenda efímera) na rúa Policarpo Sanz de Vigo, onde se realizan diversas activades de promoción e divulgación.

Neste contexto fun invitada pola empresa Daveiga a representar o espectáculo de contos Mariña, como parte da divulgación das suas famosas galletas mariñeiras.

O proxecto empresarial “DAVEIGA produción responsable” produce as galletas mariñeiras que foron a solución para o abastecemento de pan aos grandes navíos desde o século XV, xa que, un pan sen humidade, era a única forma de conservalo de xeito natural nas longas travesías.

X