A maleta da avoa no CEIP de Arzúa
Grazas ao CEIP de Arzúa polas fermosas verbas no seu blog:
O pasado xoves, 24 de outubro conmemoramos o Día Internacional das Bibliotecas. Esta iniciativa naceu co fin de concienciarnos da importancia da lectura, especialmente entre os nenos e nenas, e para agradecer a gran labor dos biblotecarios e bibliotecarias. Para festexar este día, tivemos a sorte de recibir no noso salón de actos a unha das mellores contadoras de historias, Raquel Queizás. Tróuxonos o seu espectáculo “A maleta da avoa”. Contounos que desde ben pequena escoitaba os contos da avoa pola mañá, na merenda e, sobre todo, pola noite. A maleta da avoa está chea de pequenos tesouros e nela vive a memoria. Dentro da maleta saen trasnos, mouras, nenas espabiladas, bonecas con mazorcas de millo, o Papón… un sinfín de historias marabillosas coas que nos fixo rir e desfrutar un montón! Todos os nenos e nenas desfrutaron desta sesión de contacontos que se levou a cabo en dous pases: un para Educación Infanti, 1º e 2º de EP, e outro para 3º, 4º, 5º e 6º de EP.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdearzua/node/3259