O loitador da Galaxia no IES Ricardo Mella

17 maio, 2023

Hoxe e todos os días!! Celebramos as Letras Galegas Grazas á equipa de Normalización Lingüistica do IES Ricardo Mella de Vigo por contar ca miña peculiar homenaxe a Francisco Fernández del Riego.

 

Grazas polas vosas verbas nas redes:

No día de onte o alumnado de 1º e 2º ESO puido gozar coa representación “O loitador da galaxia”, realizada por Raquel Queizás. Unha marabilla de obra sobre a vida do homenaxeado nas Letras Galegas 2023, Don Paco Fernández del Riego. Que ben o pasamos coa máquina do tempo, os indios de Cunqueiro ou co propio Don Paco personificado que baixou pola platea a recrutar galeguistas ‼️ ‼️ Viva Don Paco ‼️ Viva o teatro ‼️ Vivan as nosas letras ‼️ E moitísimas grazas Raqueel !!!

 

X