Historias da Maletra en Oseiro

30 setembro, 2013

A miña Maletra e mais eu continuamos por terras arteixanas, e hoxe acolleunos a Biblioteca Dora Vázquez de Oseiro. Foi un auténtico pracer voltar a contar alí.

A biblioteca realizou a seguinte reseña:

“A posta en escea por parte de Raquel Queizás tivo, unha grande acollida tanto polos pais como polos cativos. Dende o primeiro momento captou a atención da xente que estivo na biblioteca coa sua mímica, xestos, sons, música… e colaboración dos cativos e pais, cando o requeriu. O feito de que as historias tivesen como punto de partida libros que atopanse nesta biblioteca axudou moito á hora de desenvolver as historias.”
(do blog do programa ler conta moito)

 

X