Historias da Maletra en Chapela
A miña Maletra e eu, seguimos a nosa viaxe polas bibliotecas de Galicia. Este venres 20 de setembro, tivemos a sorte de chegar por primeria vez á Biblioteca de Chapela, en Redondela.
Un público de todas as idades, moi participativo, gozou moito das historias que xurdian da Maletra, e non é que o diga eu:
Da súa “maletra” chea de letras, Raquel Queizás extraeu historias cheas de maxia.
Contos fermosísimos como: “A princesa ratiña”, “O Papón” e mais “Que bicho tan raro” fixéronnos pasar unha excelente tarde a todos os presentes, tanto a os cativos como aos adultos.
E porque ademáis de historias divertidas e moi ben contadas, son historias con mensaxe moi interesante, sobre o coñecemento persoal, a autoaceptación, a bondade e a xenerosidade…
Interacción con rapaces e adultos, que se converteron en improvisados actores, mímica, títeres de luva ou culleres de pau… deron vida a unhas historias xeniais, que nos quedarán na lembranza a todos.