Historias Azuis. Integra a diabetes na escola

20 novembro, 2023

Visibilizar a diabetes tipo I nos centros educativos é clave para conseguir a tan anhelada integración. Oxalá chegue o día da cura desta doenza, mentres con Anedia sempre polas nenas e polos nenos! Grazas a eses colexios, empáticos e integradores, así a “mochila” pesa un pouco menos! Seguimos!!!

7 de novembro de 2023: Centro Educativo Sagrado Corazón de Lugo e CEIP As Gándaras de Lugo.

10 de novembro de 2023: CEIP A Paz de Vigo e CEIP Lope de Vega de Vigo.

13 de novembro de 2023: Colexio Plurilingüe San José-Josefinas en Ourense  e CEIP de Castrelo do Val en Ourense.

14 de novembro de 2023: CPI Plurilingüe Alfonso VII de Caldas de Reis.

16 de novembro de 2023: CEIP O Grupo de Ribeira

17 de novembro de 2023: CPI Domingo Fontán de Portas en Pontevedra

Canto máis se fale desta doenza de forma positiva máis normal lles parecerá a diabetes de tipo 1 ás crianzas, ao profesorado e axudará a eliminar prexuízos. Medrar cunha doenza crónica como a diabetes de tipo 1 non debe ser un freo para o seu desenvolvemento. Tamén durante a infancia, quen ten diabetes pínchase para facer os controis de glicemia, inxéctase insulina, leva sensores, bomba de insulina e leva unha alimentación sa pero ante todo é un neno ou unha nena coma os demais.

 

 

 

 

 

 

 

X