Historias Azuis 2022

20 novembro, 2022

 

Durante estas dúas últimas semanas, grazas a varios concellos e a nosa asociación Anedia (Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia)  visitei os seguintes colexios: EEI Vila Laura de Vigo, Colexio Niño Jesús de Praga, CEIP Santa Marita de Redondela,CEIP de Marcón, CEIP Concepción Arenal de Coruña ,CEIP de Carral,CEIP Olveira Ribeira, CEIP de Santa Baia, e CEIP de Escarabote Boiro polo Día Mundial da Diabetes con dous espectáculos para infantil e primaria. Historias Azuis. “Un caso azul” e “Nano ten diabetes”.

Para este proxecto contamos coa axuda do Concello de A Coruña, Concello de Ames, Concello de Boiro, Concello de Ribeira, Concello de Pontevedra, Deputación da Coruña e Deputación de Pontevedra. Grazas!!!
Estes espectáculos, creados por min en colaboración con Anedia, xurdíron por unha necesidade real, nenas e nenos con diabete tipo 1 atopábanse na escola, a maioría das veces por falta de información, con varios problemas; non xs deixaban ir ás excursións, tampouco ao comedor escolar, xs compañeirxs crían que era unha enfermidade contaxiosa…Historias azuis ​ofrece ferramentas para fomentar o diálogo na aula. O profesorado e o alumnado, se están ben informados e non temen intervir nin solicitar axuda, convértense nun gran apoio para o alumnado con diabetes.

Fai preguntas! Cóntanos ! Non estás soa, non estás só!.

Todos os nenos e as nenas dende unha idade temperá pasan moito tempo na escola, o centro de educación máis importante despois do fogar. Canto máis se fale desta doenza de forma positiva máis normal lles parecerá a diabetes de tipo 1 ás crianzas con diabetes e os seus compañeiro e axudará a eliminar prexuízos. Canto mellor sexa a colaboración entre os pais e nais e o profesorado, mellor será a evolución na infancia de quen padece diabetes tipo 1.

 

X