Historias azuis 2021

14 novembro, 2021

Comezou a xira de Historias Azuís, as contadas para integrar a diabetes na escola.
Achégase o Día Mundial da Diabetes e desde Anedia queremos estar onde fagamos falla, para informar nas escolas, de forma lúdica, sobre esta doenza autoinmune (o páncreas non produce insulina) da que cada vez hai máis casos, Diabetes tipo 1.
Hai moitos coles que coidan moi ben das nosas guerreiras azuís e dos nosos guerreiros azuís, como o que visitei hoxe, o fermoso CRA de Vilaboa, por desgraza non sempre é así, seguimos pelexando para mudar a situación.
Grazas, Conchita, directora do CRA, grazas Bea e Begoña polo voso agarimo.
Grazas compañeiras de Anedia!!!

 

Que feliz faime ver coles colaboradores coa diabetes nas escolas, pendentes das nenas e nenos con diabetes no seu día a día, como o CEIP Abanqueiro de Boiro.
Estiven primeiro cos máis cativos e logo cos maiores. Moitas preguntas fixeron.
Grazas ao Concello de Boiro por apoiarnos!!

Hoxe Raquel Queizás estivo cas Historias azuis no CEIP Plurilingüe de Abanqueiro, dúas contadas grazas á colaboración do Concello de Boiro, un deses coles cunha atención de 10 ao alumnado con diabetes.
Raquel Queizás sempre di que temos que crear un premio ou algo similar para estes coles, pero de momento o que imos facer e mandarlle todo o noso cariño a todas as persoas que conforman ese centro e compartilo!

Grazas ao CEIP Ramón de Artaza y Malvarez de Muros e o CEIP Os Muiños de Muxía polo seu interese e agarimo. Grazas mestras pola vosa entrega e grazas tamén a todas as compañeiras de clase por ser unha piña. Así si, integración, ou mellor dito, convivencia segura.
Grazas en especial á colaboración da ANPA O Facho, os contos azuis chegan ao CEIP Os Muiños de Muxía.
As ANPAS son unha parte moi importante da comunidade educativa e temos que telo sempre presente, o seu traballo moitas veces pasa desapercibido, pero é fundamental.

 

 

O 14 de novembro estivemos nos Centro de día Os gozos no Concello de Pereiro de Aguiar:

 

No CEIP Carlos Casares de Xinzo tamén quixeron saber máis para axudar ás compañeiras e compañeiros con diabetes.

 

Antes de chegar a un colexio contacto coa guerreira ou guerreiro azul, para que me conten…
Ola Queliña!!
Son ?????, teño 10 anos, e vou o cole ?????
Debutei con 8 anos e levoo bastante ben, dende o primeiro día pincheime eu sola e agora estou moi contenta porque me vou poñer a bomba.
Ao principio notaba os baixóns pero agora moi pouco, só cando a teño moi moi baixa.
Os meus compañeiros axundanme en todo o que necesito e preocupanse por min. E os profes tamén.
Eu como na casa, pero na media mañá pinchome e metolle 2 racións.
A profe de este ano as veces rifame e dime en este momento non te podes pinchar. Pero outras veces ben. Ok.?
Encantame bailar, nadar e camiñar.
Cando vou a algún cumple e como cos meus amigos sin que estean os meus pais, sintome responsable pero gústame para aprender e saber se son responsable ou non.
O mellor é que cando celebran os cumples no cole e reparten chuches, a min pregúntanme se as podo tomar ou danmas sen azúcar.

 

O 12 de novembro estiven no  CPR Salesiano San Juan Bosco de A Coruña:

O vindeiro 14 de novembro é o día mundial da diabetes. Para concienciar ao noso alumnado e que saiban como axudar aos compañeiros e persoas que a padecen, varias clases de primaria asistimos a un contacontos con Raquel Queizás, que nos axudou a coñecer máis esta enfermidade e saber como actuar.
Encantounos!!

O  16 de novembro desde Anedia organizamos actividades sobre diabetes no  Museo do Marco de Vigo. Fixen  Un caso azul e foi moi especial, no público atopábanse nenas e nenos con diabetes de coles de diferentes provincias de Galícia e falamos da súa situación, de como mellorala e aplaudimos a esas mestras e mestres que están pendientes destas crianzas. Bravo por elas!!! Grazas de corazón

 

 

X