A Gulpilleira no Museo do Pobo Galego

1 febreiro , 2021

Moi agradecida e leda estou de formar parte desta proposta para as escolas, dirixida ao alumnado de Infantil. Se queredes saber máis sobre o monte comunal entrade na Gulpilleira, un videoconto creado por min para o Museo do Pobo Galego, gravado desde a ollada feiticeira das mozas da Illa Bufarda.
Podedes ver un petisco da historia no guión gráfico que debuxei para vós!!

A Gulpilleira é unha historia de monicreques sobre a casa dunha raposa moi especial, situada nun recuncho do Museo do Pobo Galego e na que pasa longas tempadas ao quentiño. Desde alí, cóntanos contos sobre as cousas que acontecen nese monte no que adoita vivir, o monte veciñal.

Este vídeo-conto está dirixido a alumnado de toda Galicia, desde 4º de infantil a 1º de primaria.

Se queredes saber máis sobre o contido da peza ou como solicitar esta actividade podedes escribir a servizosdeac@museodopobo.gal

 

 

 

X