Galano de Contos co Ateneo Musical de Bembrive

12 decembro, 2025

Coma o Apalpador coas súas castañas, agardamos ter deixado en vós unha boa provisión de ilusión. Coma a Moura coa súa sabedoría, agardamos ter acendido esa faísca de maxia que gardamos todos.

E mesmo os Trubincos ensináronnos que, ás veces, o máis caótico é o máis divertido. A música é así: non se ve, pero dános forza cando máis a precisamos. A maxia do Nadal de Galicia non se perdeu, recuperámola xuntos, nota a nota, debaixo desta nosa treboada de sons e contos. Un galano de contos!

Emotivo e fermoso concerto de Nadal tivemos onte coas bandas infantil, de iniciación, e xuvenil dirixidas polo gran director Daniel González Troncoso do Ateneo Musical de Bembrive. Grazas á Escola de Música, á rapazada das bandas, ás familias, a todos por vir!!

 

 

 

 

 

 

X