Florencio nas Ondas no CPI Uxío Novoneira

16 maio, 2022

Que feliz me fai ver a boa acollida que está tendo o meu espectáculo de “Florencio nas ondas”, aquí vai o fermoso vídeo e reseña que fixo Gabi no CPI Uxío Novoneira. Aperta imensa!!!

O 16 de maio tivemos a gran sorte de contar coa visita de Raquel Queizás, quen nos achegou á figura do autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán, un gran poeta que defendeu o uso da nosa lingua desde tódolos lugares nos que estivo. Grazas a ela coñecimos moitos datos de interese sobre a súa persoa e recordamos momentos históricos do noso país, como foron a Guerra Civil, a dictadura, a figura de Franco (ao que Gurriarán chamaba Farruquiño nos seus poemas) e o exilio que moitas familias tiveron que sufrir durante esta época por pensar de xeito diferente, entre eles o noso poeta. Todo isto mediante a fabulosa recreación dun programa de radio daquela época. Moitas grazas Raquel polo teu traballo. Pasámolo xenial e aprendemos do xeito máis divertido, tanto maiores como pequenos, non había máis que ver as nosas caras!!  Apertas desde o CPI Uxío Novoneira!

(Do blog do CPI Uxío Novoneira)

 

X