Festival Atlántica 2024

7 xullo, 2024

Comenzei a miña singradura no Festival Atlántica o xoves 20 de xuño, coñecendo a Escola de Educación Infantil Gaioso, moi preto de Compostela. Ata alí levei A maleta da avoa,  chea de contos e lendas. Que marabilla de rapazada é de mestras. Grazas Rocío tamén polas fotos, a rica merenda e os bombóns. Estas escolas do rural son un tesouro que hai que coidar!!

 

 

 

 

Medra o mar de contos do Festival Atlántica!!! Aquí deixo algunha das fermosas fotos feitas por Xaime Cortizo nos xardíns do CSC Maruxa & Coralia de Compostela, o día 1 de xullo. Marabilla de compañeiros! La chana teatro Luis Prego Fernández Samuel Soto. Grazas, capitá Sole Felloza.

 

Fotografía de Xaime Cortizo

 

Fotografía de Xaime Cortizo

 

E remato a miña singradura en Ferrol, este sábado 6 de Xullo, no fermoso parque Raiña Sofía coa miña maleta chea de contos!

 

X