Festival Atlántica 2022

17 xuño, 2022

Escoitade… Achégase un mar de contos, un ano máis Festival Atlántica. Para non perder!! Hoxe estiven contando en coles de Santiago.
Contos no parque de  Bonoval coa rapazada do CPR Vilas Alborada. Grazas a de novo ao Festival Atlántica. Marabilla!!

 

 

E tamén contei no Colexio Plurilingüe Enma, no seu fermoso xardín. Foi fundado por Doña Emma González Martínez, unha mestra que adicou a súa vida a ensinanza aberta para todas, sen limitacións culturais, relixiosas e sobre todo, sen limitacións económicas. Grazas por escoitar!

 

X