Festa dos Muiños do Xábrega

5 xullo, 2015

O 4 e 5 de xullo celebrouse en Sober (Lugo) a Festa dos Muíños do Xábrega, unha interesante iniciativa dos veciños para pasalo ben, e  revitalizar e dar a coñecer o excepcional patrimonio etnográfico que atesoura o rio Xábrega: ata 28 muíños chegaron a funcionar en apenas tres quilómetros de río.

A festa contou actividades para nenos, a incrible actuación da  Ce Orquesta Pantasma, os Parentes, e a Banda de música Sober entre outros.

E pola noite, acompañando á maravillosa Teresa Grau, quen imaxinou e fixo posible unha ruta por varios camiños e muíños nos que contamos historias para os maiores.

Espectacular entorno ó do Río Xábrega:

X