Estrea de “Viaxe a Dadá”

24 outubro, 2012

O pasado domingo 21 de outubro, estreamos por fin a primeira montaxe da nosa nova compañía, Teatro da Semente. Tivemos dous pases, pola mañán na sala LaTuerka27. Tivo moi boa acollida por parte do público; nais, pais  e os seus bebés. Dende o primeiro minuto se creou un momento máxico compartido.

Nesta sala, LaTuerka27, era a primeira vez que programaban “Teatro para Bebés”. Non só apoiaron o proxecto dende o comezo, senón que sempre estiveron colaborando con nós en todo. Grazas, Iria Ares, Milo Taboada, Daniel Currás polo voso tempo e cariño.

Grazas tamén a CasaHamlet por deixarnos ensaiar no seu local, a José Losada e Fran Moledo polas fotos, en fin a tanta xente que creu en nós. A Daniel Piñeiro polo amor e a paciencia e a miña pequena Aldara por ser a nosa inspiración.

Este soño non sería posible sen Chus Álvarez unha gran profesional e amiga.

Na Voz de Galicia nos fixeron esta reseña que capta perfectamente a esencia do espectáculo.

Tamén o blog de Latuerka27, falou do noso estreno.

Esta montaxe está pensada para espacios acolledores con capacidade de 40 ou como moito 50 persoas; para ESCOLAS INFANTÍS, Centros Sociais e Salas de Teatro.

X