Estrea de Cómica de lingua en Ribadavia
Hoxe estreei Cómica de lingua. Presumindo de lingua propia, arroupada polo agarimo, polas risas e polos aplausos das familias de Ribadavia. Grazas ao Fondo de proxectos culturais Xacobeo 21-22, FalaRedes, grazas ao Concello De Ribadavia e grazas tamén á Biblioteca de Ribadavia.
Neste espectáculo cóntase a historia dunha cómica ambulante que transita polo Camiño de Santiago armada de poesía e pandeireta e que chega cansa a unha pousada onde se atopa con diferentes hóspedes que teñen moito que contar. Ela mesma tamén é portadora da nosa rica tradición oral. Da súa boca abrollan ditos, trabalinguas, adiviñas, contos e lendas.