Día Internacional do Libro Infantil
Dende o ano 1967, sobre o 2 de abril, día do nacemento de Hans Christian Andersen, celebra o Día Internacional do Libro Infantil co ánimo de inspirar o amor polos libros e para chamar atención da comunidade sobre os libros para nenos.
A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola únese a estas celebracións e entre ás actividades programou unha sesión de contos que creei para esta ocasión, e que co título Buscando a Andersen quere acercar a figura de Hans Christian Andersen os seus lectores mais novos.