Damóslle volta ao conto nos colexios de Betanzos

9 marzo, 2022

Cando eu era pequena, moitos días, ao salir da escola ia comer onde traballaba a miña avoa, na Pulpeira de Verín. Eu axudaba a poñer as mesas e ao final cando todos remataban de comer, a avoa contaba as súas aventuras diante da Chata e da Xeitosa…
“Eu con 14 aniños xa gañaba para manter á familia, non fun á escola, pero o que eu sabía…Os cálculos todos de cabeza. Ao chegar a noitiña montaba na burra para atravesar a raia seca e voltar cargadiña de café, aceite, sabas,… de Portugal. O estraperlo.”
Outra muller valente e revolucionaria como tantas.

Dámoslle volta ao conto de novo no CEIP Vales de Villamarín para as nenas e nenos de infantil e no CPR Plurilingüe de Atocha. Grazas ao Concello de Betanzos e a Marta, técnica de Igualdade

 

 

 

X