Dámoslle volta ao conto no CPR Plurilingüe Andaina de Culleredo

14 marzo, 2022

Hoxe estiven con Dámoslle volta ao conto no CPR Plurilingüe Andaina de Culleredo, tres sesións para o alumnado de infantil. Moi ben o pasamos lembrando as aventuras e historias da miña avoa. Grazas por escoitar.
O xoves voltamos con Ven a Conto. Grazas a ANPA por encher de contos o cole!
Vai por diante unha semana repleta de historias para festexar o Día Internacional da Narración Oral que será o 20 de marzo. Seguimos!

 

X