Contos pola inclusión no CEIP Amor Ruibal de Barro

21 outubro, 2020

Hoxe funlles contar ás nenas e nenos do CEIP Amor Ruibal de Barro, “O agasallo de Lúa. Contos pola inclusión”. Grazas, Rafa, por contar comigo
Lúa é unha nena moi imaxinativa, xoguetona, xenerosa, distraída, non para quieta…Os maiores din que lle custa prestar atención.
Para min é a miña mellor amiga.
Estou convencida de que cada ser humano é como unha obra de arte que non todos saben apreciar.
As escolas deberían ser inclusivas desde as primeiras etapas. Desta forma, xa non entenderiamos a exclusión, a discriminación e o paternalismo porque non seriamos formados baixo ese esquema.

X