Historias azuis. Integrando a diabetes na escola 2020

3 decembro, 2020

Todo comezou o día que unha nena con diabetes da nosa Asociación ANEDIA contoume que na escola non a deixaban ir de excursión, nin tampouco ir ao comedor. Tamén , chorando, díxome que algunha das amigas non a convidaban aos seus aniversarios, nin a durmir na súa casa. E outros compañeiros de clase non se lle achegaban moito por se os contaxiaba…
Íncrible, mais certo!!.

Falei con Aldara, a miña filla que ten diabetes tipo 1 desde que ten un ano e con Daniel Piñeiro, a miña parella, e entre os tres creamos Historias azuis. Integra a diabetes na escola para chegar aos centros educativos.

E dende aquela con Anedia visito ano tras ano os centros educativos onde temos nenos con diabetes, non podemos cubrir todos por desgraza, pero coa axuda de Cultura da Deputación da Coruña e de Concellos como o de Pontevédrate, Concello de Ames, Concello de Ribeira e outros, imos chegando cada día a máis centros, porque a información forma parte da inclusión real.
A falta de información, o descoñecemento provoca medos, rexeitamentos que hai que evitar.
Vai polas nenas e polos nenos!!! Nada que celebrar, moito que traballar!!!

Grazas a Alvariza por permitirnos usar unha das súas fermosas pezas musicais.

 

Grazas ao Concello de Pontevedra polo seu apoio. Grazas a ANEDIA por todo o que facedes día tras día para mellorar as situacións das nenas e nenos con diabetes. Orgullosa estou de formar parte desta equipa

O 21 de outubro, fíxose a presentación das actividades de este estraño ano 2020:

Diario de Pontevedra (21/10/2020)

O 5 de novembro, Nano estivo en Vigo contándolles aos máis pequenos como é iso de ter diabetes. Primeiro no CEIP A Canicouva e logo no colexio San José de Cluny

Grazas  gracias a mestres como Laura, Marta, Carlota,Nerea,Ana,Moisés,Marcos… e a todolos mestres dos nosos nenos por ensinarnos mates, lingua, diversidade e a medrar con diabetes!


Durante a semana do 2 o 9 de novembro estiven contando “Historias azuis. Integra a diabetes na escola” en diferentes centros educativos de Pontevedra. Foron dous espectáculos diferentes dependendo das idades do alumnado. Para xs máis cativxs de 3 a 6 anos contei “Nano ten diabetes” e para o alumnado de 7 a 11 anos “Un caso azul” Grazas de novo ao Concello de Pontevedra polo seu apoio!!

O 11 de novembro tiven o meu carón á nosa guerreira e sabia, (por algo chamámoslle Aldara). Debutou, sí, dise así, cun ano, xa ten 10, 10 anos con diabetes tipo 1. Ela é a miña mestra, moito nos ensina día a día sobre esta doenza.

As dúas funcións no CEIP Álvarez Limeses foron xenial. Grazas pola vosa atención, e por tantas preguntas, alumnado de 5 de primaria!! Grazas ás mestras, ao colexio, ao Concello de Pontevedra polo seu apoio.

O 16 novembro visitei o CRA de Vilaboa, alí agardaban por min as nenas e nenos, entre eles un pequeno guerreiro azul!! Aprendemos xuntos con Nano  Grazas de novo a ANEDIA polo bo e necesario traballo que realizan, grazas Maite e mestras!! Seguimos

 

O 17 novembro no Concello de Ribeira estivo Nano dando chimpos cos máis pequenos do GRUPO. Grazas ao Concelleria de  Servizos Sociais por facelo posible.

 

 

O 23 de Novembro, continuamos a ruta azul. Estiven pola mañá no CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis e tamén no CEIP das Vendas da Barreira.
Canto máis se fale desta doenza de forma positiva máis normal parecera a diabete de tipo 1 e axudará a eliminar prexuízos. Medrar cunha doenza crónica como a diabete de tipo 1 non debe ser un freno o desenvolvemento da nena ou o neno na escola.

 

 

O 27 de novembro visitei o CEP Ventín de Ames:

 

A revista AMSGO! de Ames reseñou esta actividade.
O 1 de decembro, Historias azuis realizouse en liña para o CEIP A Rúa de Cangas:

 

O día 2 de decembro, regresei virtualmente a Ribeira. Debido as restriccións pola COVID, Historias azuis fíxose en liña, cunha moi boa acollida. (Grazas a Daniel Piñeiro pola parte técnica)

 

 

 

X