Contos no Colexio Amaro Refojo de Verín
Este venres tiven o pracer de contar de novo en Verín, na miña terra. Nesta ocasión o ANPA do Colexio Amaro Refojo organizou esta actividade para celebrar o próximo fin de curso. Grazas a Loli, e a todo o ANPA, dende aquí anímovos a seguir organizando actividades para eses rapaces tan participativos, e con tanto talento!