Espectáculo de contos “Previndo a desigualdade”, en Fene.

11 marzo, 2012

A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Fene, organizou esta lúdica xornada de contos interactivos para a poboación infantil e as familias. Aproveitando o feirón de Perlío, desenroluse durante dúas horas unha serie de contos, actuacións e interpretacións na liña do fomento da igualdade, a corresponsabilidade e a visibilización de comportamentos sexistas e machistas cara a prevención da violencia de xénero.


X