Cinema Marabillas en Sarria

17 setembro, 2021

Este venres, no Auditorio da Biblioteca Pública Camilo Gonsar de Sarria, gozamos, en familia, vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura infantil e xuvenil. O obxectivo de Cinema Marabillas é facerlles ver ás crianzas e ás súas familias que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Que descubran que o cine mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida.

 

X