Cinema Marabillas na Biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo
Mentras o vento zoaba fóra, este venres…Moitas familias lectoras atoparon o mellor acubillo na Biblioteca Xosé Neira Vilas , entrando no meu Cinema Marabillas. Que ben o pasamos!! Cinema Marabillas é un espectáculo audiovisual para coñecer as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos, e nos libros clásicos da literatura. O cinema mudo é un recurso máis para narrar historias!!! Grazas por contar comigo.