Cinema Marabillas na Biblioteca Xela Arias de Chapela

14 outubro, 2021

Todo listo para comezar Cinema Marabillas no auditorio da Biblioteca Xela Arias de Chapela (Redondela):

E así rematei, ao carón de Leol o Contadelo e rodeada de marabillosos libros das Bibliotecas de Redondela, despois de saír do meu Cinema Marabillas
Grazas familias de Chapela polo voso agarimo, os vosos risos e aplausos. Grazas Mariajo Vif por seguir contando comigo e as miñas “novas exploracións da narrativa”, que razón tes. Ata pronto!!

Esta tarde gozamos do bo facer de Raquel Queizás e as súas novas exploracións da narrativa.
“Cinema marabillas: ver para ler” é un espectáculo fantástico e cheo de maxia que atrapa aos espectadores, nenos e grandes, achegándolles os contos clásicos á vez que os descoñecidísimos primeiros filmes do cinema mudo.
Todo un acerto.

Grazas de novo polas fermosas verbas sobre o espectáculo:

Na tarde de onte a Biblioteca Xela Arias ofreceu un espectáculo diferente, que encheu de ledicia a nenos e grandes, un xeito en que a nosa institución se sumou, de xeito adiantado, pero ben merecido á celebración do Día das Bibliotecas.
A nosa sede de Chapela escolleu o espectáculo “Cinema marabillas: ver para ler” da xenial artista da narración oral Raquel Queizás, polo éxito que obtivo o pasado ano na Biblioteca Valle-Inclán.

“Cinema marabillas: ver para ler” é un espectáculo fantástico e cheo de maxia que atrapa aos espectadores, nenos e grandes, achegándolles os contos clásicos á vez que os descoñecidísimos primeiros filmes do cinema mudo.
Un xeito de dar a coñecer como foron os comezos do cinema, sen son e con música e voces en directo.
Un xeito de achegar este patrimonio cultural a nenos, nenas e adultos.
Pero tamén, un xeito de animar a nenos e grandes a buscar estas historias nos libros que as recollen, e poñer de novo estes títulos no noso imaxinario.
A actividade, que se celebrou no auditorio do Multiúsos de Chapela, despertou moito interese, e tivo un grande éxito de público. Nenos e grandes saíron entusiasmados pola maxia atopada no mesmo, e tamén con gañas de ler estes contos clásicos de novo.

(do blog das bibliotecas de Redondela)

X