Cinema Marabillas na biblioteca Ánxel Casal De Santiago
Hoxe vivimos unha xornada máxica na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal. Co gallo da celebración do nacemento do cine, as portas do noso Cinema Marabillas abríronse para transportar ao público ás orixes da fascinación visual.
Foi unha honra compartir nun espazo tan especial a esencia daqueles primeiros anos nos que a imaxe en movemento era pura maxia.
Ver as caras de asombro dos asistentes confirma que, por moitos anos que pasen, o cine segue a ser esa máquina de soñar que nos une a todos.
Grazas á Biblioteca Ánxel Casal por apostar pola memoria do cine e a todos os que vos achegastes a compartir esta sesión connosco. O cine está máis vivo que nunca!

