Cinema de Historias da man de Alice Guy no IES Escolas Proval

9 febreiro , 2026

Hoxe a “Fábrica de Soños” parou en Nigrán. Tiven o pracer de levar Cinema de historias da man de Alice Guy ao IES Escolas Proval para reivindicar a figura da gran Alice Guy. Sen o seu pulo, o cinema non sería o que hoxe coñecemos; ela foi a pioneira que se atreveu a imaxinar mundos cando todo estaba por inventar.

Grazas de corazón a todas e todos os que me acompañastes nesta viaxe polo tempo. E un agradecemento moi especial a Eva e a Iria Misa por abrirme as portas e axudarme a seguir espallando a vida e obra desta pioneira valente. Que a maxia de Alice nos siga inspirando!.

E moitas gracias a Biblioteca do IES Escolas Proval polas suas verbas:

Que ben o pasamos hoxe na biblioteca grazas a Raquel Queizás, que nos levou da man pola vida dunha muller extraordinaria: ALICE GUY. Unha gran creadora, unha pioneira do cinema, unha feminista valente e, por desgraza, unha muller esquecida pola historia durante demasiado tempo. Foi unha experiencia divertida, fermosa e necesaria que lembra a importancia de recuperar voces silenciadas e recoñecer o legado das mulleres que abriron camiño.

 

 

X