Cinema de historias en Boiro

8 marzo, 2021

Veño feliz despois das dúas sesións de “Cinema de historias da man de Alice Guy”. Grazas por vir ao teatro, alumnado de sexto de primaria do CEIP Santa Baia e a rapazada de cuarto, quinto e sexto do CEIP Santa María do Castro de Cabo de Cruz, xunto as súas mestras e mestres. Ademáis tamén foi en streaming para os demais centros educativos. Grazas, equipo técnico.

A rapazada do Ceip Santa María do Castro, de Cabo de Cruz, chegou andando ao Teatro. Percorreron catro kilómetros para ver “Cinema de historias da man de Alice Guy”. Grazas por vir de pé feito, nunca mellor dito, e grazas tamén por verme desde o outro lado da pantalla

X