Cinema de historias da man de Alice Guy na Mostra de Cinema realizado por Mulleres de Huesca
Gracias á Mostra de Cinema realizado por Mulleres de Huesca, Chus, Asun, Lorena… Sodes unha equipaza! Parabéns por esta XXIV edición!
A rapazada dos colexios de Huesca (CEIP Pío XII, CEIP El Parque, CEIP Alcoraz, CEIP Sancho Ramírez, CEIP Juan XXIII, CEIP Pirineos-Pyrenees e CEIP San Vicente) poideron descubrir a historia de Alice Guy, a pioneira cineasta, creadora no cinema narrativo.
Nesta edición contamos cunha actividade moi especial para os colexios, Cinema de historias da man de Alice Guy, a nai do cinema, e narrado por Raquel Queizás. O alumnado de Primaria de Huesca tivo a oportunidade de descubrir a figura da primeira cineasta da historia: Alice Guy. O rescate da súa figura histórica comezou a finais do século XX, polo tanto, non é difícil atopala afastada dos libros máis antigos de cinema. Que ben o pasaron e canto aprenderon! Un espectáculo que mestura a narración co teatro e o cinema, e que pretende divertir e espertar nas nenas e nos nenos o amor polo cinema, descubríndolles o poder que teñen as imaxes e o cinema para transmitir historias.