CEIP Jose Cornide + Alice Guy: Recoñecendo á pioneira!

5 decembro, 2025

Hoxe estiven no CEIP Jose Cornide da Coruña coa contada Cinema de historias da man de Alice Guy.

O seu proxecto anual é o cine e non podía faltar a figura que o iniciou todo!

Alice Guy foi a primeira persoa en contar unha historia de ficción na gran pantalla, unha directora silenciada durante anos por ser muller.A rapazada e o profesorado quedaron abrasados ao descubrir a súa vida e as súas películas!

O máis inspirador? As súas historias, case sempre protagonizadas por mulleres valentes e loitadoras. Recuperar a Alice Guy é facer xustiza coa historia do cinema!

Grazas por esta mañá de cine e reivindicación! Que importante é recuperar estas figuras! O cinema non se entende sen Alice Guy. Grazas ao CEIP Jose Cornide por tanta escoita e agarimo, e por facer este oco para a historia e para a reivindicación. A próxima xeración de cineastas pode estar entre estas estudantes!

Sabías que…?

Alice Guy comezou a traballar coa cámara cando ninguén cría que o cinema tivese futuro.

Ela experimentou coa cor e o son moito antes de que fosen habituais.

 

 

 

X