Cinema de historias do FICVíaXIV

Cinema de historias do FICVíaXIV

Veño feliz de ver como desfrutou a cativada no MiniFICVíaXIV. Un ano máis Aldara,  a miña pequena gran actriz, protagonizou o video promocional de Cinema de Historias. Rodamos no Cine de Seixo, en Marin, un dos cines máis antigos de Galicia e que conserva un proxector de 35mm. Perfecto Carballo, o dono do cine, contounos moitas historias de cine e deixounos gravar tamén na cabina de proxección, cunha antigo proxector OSSA en marcha, grazas!!! (O camarógrafo do video, como lle gusta que lle chamen, foi Daniel Piñeiro e a montaxe de Jorge Godás e a súa equipa)

Desde o Vía XIV, Festival Internacional de Curtas de Verín, Galicia  quero compartir a miña admiración pola gran Alice Guy contando a súa historia ás nenas e aos nenos , o futuro !!! Por que non se pode querer nin admirar a quen non se coñece…

Alice Guy, dende ben pequena, escoitou contos da súa avoa que fixeron agromar nela o amor polos libros. Co paso do tempo chegou a ser unha gran contadora de historias que logo levaría á gran pantalla.

Oxalá nos vexamos o ano que vén! Xa teño ideas…

O festival tivo moita repercusión nos medios, e tamén Cinema de Historias:

E por suposto na prensa escrita:

Faro de Vigo (4/12/2018)

La Región (4/12/2018)

 

Grazas a todas e todos os que fixeron posible este Cinema de Historias:

FIC Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

FIC Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Un día de sol radiante cos prados brancos comeza en Verín. Xa botou a andar con gran éxito a segunda edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAS DE VERÍN . Onte día 5 de xaneiro o “futuro”, as nenas e nenos de diferentes colexios de Verín e comarca viñeron gozar do cinema!!! Que mellor ocasión para contarlles como comezou esta ilusión que se fixo arte, a sétima arte.

Unha maleta vella esconde, como se de unha “cápsula do tempo” se tratase, os recordos dun neno de Verín que desde 1905, con oito anos, fascinado pola imaxe en movemento soña con ser de maior operador cinematográfico. El é Máximo godás  e conseguiu facer realidade o seu soño de cinema.

Aquí vos deixo a promo que fixo Jorge Máximo Godás para o MINIFIC nela sae Aldara, a miña filla, homenaxeando a un dos seus actores cómicos favoritos do cinema…

Feliz de actuar na miña terra para o FUTURO, butacas cheas de soños para gozar do cinema. Xa queren que volva o ano que vén, ogallá!!! Grazas á organización e a toda a xente que traballou como voluntarios. Grande equipa, noraboa!!!

O programa A Revista da Televisión de Galicia fixo un pequeno reportaxe sobre o MiniFIC:

 

Cocorocó en Ourense!

Cocorocó en Ourense!

Comeza a semana de celebración das Letras Galegas, este ano adicada ao gran Carlos Casares. Hoxe luns, 15 de maio, pola mañá, tiven a sorte de levar o meu espectáculo COCOROCÓ (homenaxe ao libro ‘A galiña azul’) ata a Praza de San Martiño en Ourense. Un gran evento, unha festa, organizado pola Concellería de Educación de Ourense para o alumnado dos colexios de esta fermosa cidade:

A Televisión de Galicia fixo esta fermosa reportaxe:

E tamén a canle Telemiño reseñou este espectáculo:

Cocorocó para celebrar o Día do Libro en Pontevedra

Cocorocó para celebrar o Día do Libro en Pontevedra

O programa da Televisión de Galicia A Revista Fin de Semana conectou en directo este domingo 23 de abril coa Praza da Ferrería en Pontevedra, onde se estaba a celebrar o Día do Libro. E ahí estaba eu, co meu novo espectáculo Cocorocó, homenaxe á obra A Galiña Azul de Carlos Casares.


X