Somos iguais en Cerceda
A Biblioteca Municipal de Cerceda acolleu a representación de Somos Iguais, o espectáculo de contos pola igualade de xénero. Pasámolo moi ben todos xuntos!
A Biblioteca Municipal de Cerceda acolleu a representación de Somos Iguais, o espectáculo de contos pola igualade de xénero. Pasámolo moi ben todos xuntos!
Gatuxo chegou e encheu o Auditorio Municipal de Carballo!. O paso como unha meniña coa familia Gatuxo, ademais de escoitar fermosas cancións todo o día, a mamá Maria Faltri brinca comigo, o papá Magin Blanco fai uns purés riquísimos e Nene, Jorge Juncal, o meu irmán maior, ensíname xogos moi divertidos.
Eu non paro de argallar trasnadas co meu gatuxo, ha,ha,ha!!!
A actuación foi reseñada en La Voz de Galicia do 22/01/2016, e o fotógrafo José Manuel Casal fixo estas preciosas fotografías.
A próxima cita con Gatuxo será o 26 de febreiro en Tui. Vémonos alí!
E remato os bolos de este ano 2015 con unha divertidísima representación de Gatuxo no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, que completou todo o seu aforo.
Gatuxo voltará xa no novo ano 2016 a Carballo (21 de xaneiro) e a Tui (26 de febreiro)
Son San, o conto sobre alimentación e hábitos saúdables foi moi ben recibido polo público da Biblioteca Pública de Ferrol:
O Festival de Teatro Galego (FETEGA) que organiza a asociación cultural Fetega de O Carballiño cumpre 26 edicións. Do 8 ao 11 de setembro desenvólvense unha chea de actuacións e actividades relacionadas co teatro.
O auditorio da Veracruz foi o espectacular escenario para a representación de O Segredo do Tendal.
Deume no naris que haberia que tender a roupa dentro, e así foi: a choiva fixo que a representación de O segredo to tendal, trasladárase da rúa do Curro ao interior do fermoso teatro Coliseo Noela, nesta misma rua. Un cheo absoluto nesta función que forma parte da programación do III Festival de monicreques Titirinoia.