12 novembro , 2018
Este luns impartín un obradoiro de iniciación na arte de contar contos aos alumnos de 2ºA e 2ºB de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos de Borbén.
O obxectivo deste obradoiro de iniciación foi o de intentar achegar ao alumnado o amor pola nosa lingua a través dos nosos contos e as nosas lendas para lles descubrir os nosos seres míticos, que en ocasións gardan moitas similitudes cos seres míticos doutras culturas.
O tempo foi pouquiño pero puxéronlle tantas ganas, teñen tanto que contar… que haberá que voltar!!!
O xornal Faro de Vigo reseñou este obradoiro na sua edición do 11/12/2018
3 novembro , 2018
O Grupo Cultural RONSEL de Seixo (Marín) organiza o II Outono cultural de Seixo, con unha morea de actividades na Casa da Cultura. Foi para min todo un pracer acudir con Travesías. Recordade o que dicía Emily Dickinson: “Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro”
O Diario de Pontevedra fíxose eco da actuación:
23 outubro , 2018
Grazas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial e as/os usuarios/as de ASPADEX, ás suas mestrás e mestres por escoitar O eco das pedras. Coidemos os nosos tesouros; a nosa lingua, as nosas lendas e os nosos petróglifos. Grazas tamén a Fundación Fernando Blanco de Lema e a Victor, o técnico do auditorio de Cee.
E moitas grazas a Darío da Fundación Fernando Blanco de Lema, por contar comigo unha vez mais, e por estas belas verbas sobre o Eco das Pedras:
Fermosa proposta a de Raquel para que as nenas e os nenos coñezan o valor do noso patrimonio cultural; para que redescubran os nosos petróglifos e aprendan a estimalos e a coidalos; e para que coñezan os contos e lendas que nos fan pobo, e logo lles pregunten aos seus avós e bisavós por eles, para que as historias revivan e nunca se esquezan.
Ata a próxima lenda!!!
O xornal dixital Que pasa na costa publicou un artigo sobre a programación da Fundación Fernando Blanco:
20 outubro , 2018
Hoxe pola mañá non se cabía na Biblioteca de Riveira para festexar o Día da Biblioteca. Cantas amigas e amiagos novos fixen!! Marco contoume que á súa casa van dous raposiños , chamounos Lusco e Fusco!
O xornal La Voz de Galicia reseñou esta actuación na sua edición de Barbanza;
13 xuño , 2018
No obradoiro de contos con obxectos que impartín en Barro gocei unha chea, pasaron as horas voando. Estas mulleres teñen tanto que contar. A radio antiga , o vello costureiro, a toca de mamá… gardan a súa memoria.
Son fantásticas!!! Claro que sí, están a xogar moito, lembrando moito, imaxinando moito!!! O sábado, 9 de xuño, coñecimos un pouquiño máis a estas mulleres “Cheas de Historias”. Grazas a Pilar por todo, a Roberto pola confianza e ao señor alcalde de Barro por programar estas iniciativas culturais! “DÁNDOLLE Á LINGUA”.
Podedes ver as presentacións destas magníficas alumnas no seguinte video:
O Diario de Pontevedra reseñou a presentación na sua edición do 13/06/2018:
12 maio , 2018
Na Biblioteca de Riveira esta mañá atopei a moitas nenas e nenos, e non tan nenxs que se sinten tamén galegos de corazón, como María Victoria Moreno. Ao rematar fun visitar a exposición de libros dela, sorpresas que depara seguir unha RUTA PROPIA. Grazas por escoitar!!!
O xornal Compostela24horas.com, reseñou esta actuación: