Cinema marabillas, ver para ler no FICVíaXIV

Cinema marabillas, ver para ler no FICVíaXIV

Un ano máis, o Auditorio de Verín encheuse coa alegría dos nenos e nenas da comarca que participan na axenda de actividades paralelas deseñada para eles dende o FICVíaXIV.
Hoxe viñeron 300 rapaces e rapazas dos colexios CRA de Monterrei, Maria Inmaculada Verín, CEIP Amaro Refojo, do CEIP. de Medeiros e do CEIP de Vilardevos (Ourense) participaron esta mañá en “Cinema Marabillas, ver para ler”. Grazas!!!

O día seguinte viñeron as nenas e nenos de Cualedro coas súas mestras e mestres a gozar co Cinema Marabillas. E tiven unha espectadora moi especial, a miña bibliotecaria de cando era pequena!! Grazas Maria José por vir e por contarme tantos contos e recomendarme tantos libros; teatro, novelas, cómics…
Quero dar as grazas tamén a toda a equipa do festival, pola súa profesionalidade e agarimo, como cada ano!! Que orgullo ter en Verín este Festival Internacional de Curtas!!!

A Voz de Galicia reseñou o espectáculo na sua edición de Ourense do 03/12/2019:

 

 

 

Ven a conto en Arcade

Ven a conto en Arcade

Festexando o día das Bibliotecas con “Ven a Conto” na Biblioteca de Arcade (Concello de Soutomaior).
«Un libro dunha biblioteca, imaxino, é un libro feliz» (Cornelia Funke)

Diario de Pontevedra 24/10/2019:

Nanocontos no Festival das Núbebes

Nanocontos no Festival das Núbebes

Foi un auténtico pracer participar de novo no Festival das Núbebes de Pontevedra que cada ano medra máis, que xa alcanzou a súa VII edición. Grazas familias por vir!! Grazas a Baobab Teatro, Andrea e Óscar por contar comigo. E grazas tamén a Kai por estar pendente de todo! Bicos de ra para todas e todos!!


Co mor da representación de O xogo de Nano no festival das Núbebes, a xornalista Carolina Sertal fixo esta entrevista que O Faro de Vigo publicou o día 26 de setembro:

 

No verán un conto 2019. Vigo en Galego

No verán un conto 2019. Vigo en Galego

E chegou unha nova edición do programa de dinamización da lingua galega a través de contos, monicreques e música. No verán… un conto, que cada verán organiza o Servicio de Normalización Lingüistica do Concello de Vigo.

Foi todo un pracer contar en varios parques e prazas de Vigo durante estas duas semanas. Aquí vai un resumo do meu periplo:

O 27 de xullo saiu o sol e as rapazas e rapaces viñeron á Romaría na Alameda de Bouzas. Agora a contar as lendas vós para que non se perdan!! Grazas por escoitar!!! Grazas ao concello e ao Departamento de Normalización lingúística por contar comigo!! Grazas, Paz da Asociación Cultural de Bouzas por traer as colchas para xs nenxs. E por suposto, mil grazas Ana Facchini por estar pendente de “todo”, vales un potosí!!!


 

O 26 de xullo “Dámoslle volta ao conto” na Praza Ameríca. A ruleta dos contos non parou de dar voltas.
Coñecimos a historia da miña avoa, a Brixida, con 14 anos xa gañaba para manter a familia, non foi á escola, pero o que ela sabía…Os cálculos todos de cabeza. Ao chegar a noitiña montaba na burra para atravesar a Raia Seca e voltar cargadiña de café, aceite, sabas,… de Portugal. O estraperlo. Ela, a miña avoa, era outra muller valente e revolucionaria como tantas. Ela contoume contos que eu descoñecía, de mulleres donas do seu destino e de homes que se liberan da máscara da masculinidade e permítense mostrar a súa sensibilidade”.
Grazas por escoitar!! Que alegría ver a praza chea!! Grazas, Chus e AETRAVI (As Travesas)


 

O 18 de xullo a Romaría tivo lugar na rúa de Londres, ás 20:00 h, detrás do Marco, en Vigo. Lendas de mouras encantadas, de sacos que falan e outros contos de onte que se manteñen vivos hoxe.


 

O 13 de xullo  chovía en Vigo, entón a contada prevista na zona de herba de As Teixugueiras de Navia trasladouse aos soportais da Cafetería Match Point no ximnasio “Más que Agua”. Ao final, a pesar do vento e a chuvia, as familias de Navia achegáronse á Romaría. Había fame de contos!. Grazas, un ano máis a Asociación Veciñal Novo Vigo por contar comigo.


 

O 11 de xullo coñecín un novo parque en Vigo, o parque da Congosteira, no barrio de Santa Rita. Alí nos xuntamos á sombra das árbores para desfrutar cos contos. “Dámoslle volta ao conto”. Grazas por escoitar!!

Ata o próximo conto!!!!!

X