Cinema Marabillas na Biblioteca Xela Arias de Chapela

Cinema Marabillas na Biblioteca Xela Arias de Chapela

Todo listo para comezar Cinema Marabillas no auditorio da Biblioteca Xela Arias de Chapela (Redondela):

E así rematei, ao carón de Leol o Contadelo e rodeada de marabillosos libros das Bibliotecas de Redondela, despois de saír do meu Cinema Marabillas
Grazas familias de Chapela polo voso agarimo, os vosos risos e aplausos. Grazas Mariajo Vif por seguir contando comigo e as miñas “novas exploracións da narrativa”, que razón tes. Ata pronto!!

Esta tarde gozamos do bo facer de Raquel Queizás e as súas novas exploracións da narrativa.
“Cinema marabillas: ver para ler” é un espectáculo fantástico e cheo de maxia que atrapa aos espectadores, nenos e grandes, achegándolles os contos clásicos á vez que os descoñecidísimos primeiros filmes do cinema mudo.
Todo un acerto.

Grazas de novo polas fermosas verbas sobre o espectáculo:

Na tarde de onte a Biblioteca Xela Arias ofreceu un espectáculo diferente, que encheu de ledicia a nenos e grandes, un xeito en que a nosa institución se sumou, de xeito adiantado, pero ben merecido á celebración do Día das Bibliotecas.
A nosa sede de Chapela escolleu o espectáculo “Cinema marabillas: ver para ler” da xenial artista da narración oral Raquel Queizás, polo éxito que obtivo o pasado ano na Biblioteca Valle-Inclán.

“Cinema marabillas: ver para ler” é un espectáculo fantástico e cheo de maxia que atrapa aos espectadores, nenos e grandes, achegándolles os contos clásicos á vez que os descoñecidísimos primeiros filmes do cinema mudo.
Un xeito de dar a coñecer como foron os comezos do cinema, sen son e con música e voces en directo.
Un xeito de achegar este patrimonio cultural a nenos, nenas e adultos.
Pero tamén, un xeito de animar a nenos e grandes a buscar estas historias nos libros que as recollen, e poñer de novo estes títulos no noso imaxinario.
A actividade, que se celebrou no auditorio do Multiúsos de Chapela, despertou moito interese, e tivo un grande éxito de público. Nenos e grandes saíron entusiasmados pola maxia atopada no mesmo, e tamén con gañas de ler estes contos clásicos de novo.

(do blog das bibliotecas de Redondela)

 

Chimpo de ra en Ourense

Chimpo de ra en Ourense

Coñecín moitas cullarapiñas, cullarapiños e familias hoxe na Biblioteca Pública Nós de Ourense. Desfrutamos dos contos xuntxs!! Seguimos medrando en galego con Nano. Grazas Cristina, Teresa e equipa por tanto agarimo, e polas fotos. Foi unha honra pechar a programación de verán para xs máis pequenxs.

En outono volven os contos!!!

O díario Nós fixóse eco da actuación na edición do día 17:

Dámoslle volta ao conto en Verín

Dámoslle volta ao conto en Verín

Hoxe desfrutando, contando para as famílias de Verín. Unha alegría volver ver a Vicente a Aurori e as voluntarias da Biblioteca de Verín!!

“A miña avoa, con 14 aniños xa gañaba para manter á familia, non foi á escola, pero o que ela sabía…Os cálculos todos de cabeza. Ao chegar a noitiña montaba na burra para atravesar a raia seca e voltar cargadiña de café, aceite, sabas,… de Portugal. O estraperlo. Outra muller valente e revolucionaria como tantas.
Ela contoume contos que eu descoñecía, de mulleres donas do seu destino e de homes que se liberan da máscara da masculinidade e permítense mostrar a súa sensibilidade.

 

 

 

E os contos seguen en Verín todo agosto!!!!

 

Cinema Marabillas en Cabo de Cruz

Cinema Marabillas en Cabo de Cruz

Quedou unha fermosa noite en Cabo de Cruz, no Concello de Boiro, para desfrutar de Cinema Marabillas.
Non faltaron aventuras , humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación.
Grazas por vir familias!!
Grazas ao Concello de Boiro por contar comigo, grazas Pitusa e Sebastián por estar pendentes de todo.

 

 

 

Onda min nos Tilos. Festival Atlántica

Onda min nos Tilos. Festival Atlántica

Onda min no Pavillón dos Tilos (por mor da chuvia no puido ser no parque, mágoa!), para as nenas e nenos de 3 a 7 anos do Campamento concilia. Grazas ao Concello de Teo, a Tati de Arc Os Tilos e a Nacho, e por suposto ao Festival Atlántica. Que sigan os contos!!!

Grazas O diario Nos que reseñou esta actuación

X