Sete Falares 2013

Sete Falares 2013

Do 6 a 9 de xuño celebrouse en Pontevedra a II edición do Encontro Internacional de Contadores de Historias Sete FalaresQuico Cadaval foi o encargado de abrir o día 6 esta segunda edición do encontro, no Pazo de Mugartegui  acompañado polo 7Bis Clarinet Quartet.

Neste mesmo espazo desenrolouse o día seguinte o meu espectáculo de contacontos para público infantil: Palabras na Boca


As historias continuaron pola tarde no Teatro Principal con Celso Fernández Antonella Giraldi. e esa noite Quico Cadaval e Luis Correia contaron man a man, nas ruínas de Santo Domingo.

O sábado, a Casa das Campás acolleu o espectáculo Susurros de Algodón de Beatriz Montero. Mais tarde, Antonella Giraldi representou as Estórias de áuga na boca, e pola noite  rergresou Luis Correia ca obra Contatinas.

O domingo 9, Pavís Pavós contou Historias dá Marquesa no Pazo de Mugartegui, e depois poidemos disfrutrar dun viaxe en barco pola ria de Pontevedra, mentres escoitabamos os contos de Celso Fernández Sanmartín. Betriz Monterno deleitounos con Amor cuanto te quiero  O encontro rematou ca rolda de narrradores e o acompañamento de 7bis Clarinet Quartet, no Teatro Principal, cheo a rebosar.

Unha chea de historias percorreron durante 3 dias as rúas, as ruinas, as covas, o pazo, o mar,… Grazas a Pavís Pavós por invitarme a participar e parabéns pola boa organización.

A xente, que encheu todos os espazos, xa pregunta pola terceira edición!

Caso Pechado na Semana do Libro de Soutomaior

Caso Pechado na Semana do Libro de Soutomaior

O Concello de Soutomaior celebra a Semana do Libro, que xa vai pola VII edición, e na Biblioteca Municipal Luís Seoane, en Arcade, prográmanse actividades toda a semana.
Eu tiven o pracer de ser convidada a participar nas celebracions da Semana do Libro con dous dos meus espectáculos de contacontos. Este mércores a cita foi con Caso Pechado: historias de misterio e terror para adolescentes, e o próximo venres, regresarei acompañada por Nano e os seus Nanocontos.

O Diario de Pontevedra reseñou as actividades programadas pola Semana do Libro:

Nanocontos na Biblioteca Infantil de Carral

Nanocontos na Biblioteca Infantil de Carral

Tiven o pracer de comezar na Biblioteca Infantil de Carral as miñas andanzas en Ler Conta Moito, o novo programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura. Nais, pais e os seus cativos, seguiron con moita atención as aventuras de Nano.

O rematar a función, Nano contoulle os nenos cales eran os seus libros favoritos, que ademais estaban dispoñibles na biblioteca!

O diario La Voz de Galicia, anunciou esta actividade na sua axenda da edición de A Coruña:

Ler conta moito

Festival Atlántica

Festival Atlántica

Foi unha agradable sorpresa que me convidaran a participar na primeira edición do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, celebrado en Santiago de Compostela e Olerios do 26 o 16 de marzo. Gracias a Soldad Felloza, directora do festival e unha gran anfitrioa, por ser a miña madriña de contos. Contei no pub Atlántico baixo o título “Unha muller na beira“. Estiven por primeira vez nas bibliotecas de Dorneda e Perillo  (Concello de Oleiros)  e tamén no Centro Sociocultural das Fontiñas (Santiago) que estaba a rebentar de xente e onde os rapaces pediron un bis. Participei ademais nos maratóns do Festival xunto a grandes compañeiros de profesión: Quico Cadaval, Paula Carballeira, Soledad Felloza, Fátima Fernández, Avelino González, Cándido Pazo e Charo Pita, entre outros.
Aquí vos deixo unhas imaxes deste gran Festival que virá  vento en popa o ano que ven. (Fotografías de Mino Andrade e Amparo Portabales)
Parabéns a organización, un grupo de grandes profesionais que arrimaron o ombreiro para que ese soño se fixese realide.

Maratón de contacontos para nenos no Salón Teatro. (16/03/2013)
Maratón de contacontos para bebés, no Salón Teatro. (16/03/2013)
Pub Atlántico. (12/03/2013)
Función Colectiva no Día Internacional das Mulleres. Teatro Principal. 
(8/03/2013)
Función Colectiva no Día Internacional das Mulleres. Teatro Principal. 
(8/03/2013)

 

Fugas, suplemento de La Voz de Galicia, 01/03/2013

La Voz de Galicia, edición Santiago, 07/03/2013

Estrea de “Viaxe a Dadá”

Estrea de “Viaxe a Dadá”

O pasado domingo 21 de outubro, estreamos por fin a primeira montaxe da nosa nova compañía, Teatro da Semente. Tivemos dous pases, pola mañán na sala LaTuerka27. Tivo moi boa acollida por parte do público; nais, pais  e os seus bebés. Dende o primeiro minuto se creou un momento máxico compartido.

Nesta sala, LaTuerka27, era a primeira vez que programaban “Teatro para Bebés”. Non só apoiaron o proxecto dende o comezo, senón que sempre estiveron colaborando con nós en todo. Grazas, Iria Ares, Milo Taboada, Daniel Currás polo voso tempo e cariño.

Grazas tamén a CasaHamlet por deixarnos ensaiar no seu local, a José Losada e Fran Moledo polas fotos, en fin a tanta xente que creu en nós. A Daniel Piñeiro polo amor e a paciencia e a miña pequena Aldara por ser a nosa inspiración.

Este soño non sería posible sen Chus Álvarez unha gran profesional e amiga.

Na Voz de Galicia nos fixeron esta reseña que capta perfectamente a esencia do espectáculo.

Tamén o blog de Latuerka27, falou do noso estreno.

Esta montaxe está pensada para espacios acolledores con capacidade de 40 ou como moito 50 persoas; para ESCOLAS INFANTÍS, Centros Sociais e Salas de Teatro.

X