Día Internacional da Biblioteca

Día Internacional da Biblioteca

Comezo as celebracións do Día Internacional da Biblioteca, precisamente nunha delas: a Biblioteca Municipal “Rosalía de Castro” de Vilagarcía. Ese espazo invitoume a unirme os actos que conmemoran esta data sinalada, e que mellor que facelo contando os contos de A Maleta da Avoa:

Os actos organizados tiveron unha notable repercusión na prensa:

La Voz de Galicia (Edición Arousa) 25/10/2014

Faro de Vigo (edición Arousa), 25/10/2014

 

Nanocontos no Festival de Teatro Galego de O Carballiño.

Nanocontos no Festival de Teatro Galego de O Carballiño.

Festival de Teatro Galego

Casa da Cultura do Carballiño foi o escenario ideal para o espectáculo de contos Nanocontos, dentro da programación do Festival de Teatro Galego (FETEGA) que se celebra anualmente nesta vila ourensana, e que este ano acadou xa a súa 25 edición.

Nanocontos no Festival de Teatro Galego de O Carballiño.

Grazas á organización de FETEGA por programar tamén para os máis pequechos, que serán o público adulto do teatro de mañán.

A criança que fui chora na estrada.
Deixei-a ali quando vim ser quem sou;
Mas hoje, vendo que o que sou é nada,
Quero ir buscar quem fui onde ficou.

Fernando Pessoa

A infancia deixa rastros na nosa memória, como surcos nun rosto ou nun campo labrado.

William Wordsworth.

La Región- 04/09/2014

XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Cociñando Contos, este foi o lema da XV edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrou nesta cidade entre o 14 de marzo e o 5 de abril. Foron unhas semanas intensas, cheas de contos, espectáculos, obradoiros, presentacións e concertos. A afluencia de público foi moi notable, e os espazos destinados os contos deseguida quedaban pequenos.

Dentro das actividades del Salón, tambén estreouse Gatuxo, o novo concerto teatralizado de Magín Blanco, que tiven o inmenso placer de dirixir e interpretar

Parabéns a todas as persoas que participan na organización de esta xa imprescindible cita cultural.

Reportaxe do Diarío de Pontevedra sobre o Salón:

X