Romaría en Cee

Romaría en Cee

230 mozas e mozos dos colexios Eduardo López e Manuela Rial Mouzo de Cee e tamén os usuarios de Aspadex, acompañáronme na Romaría para vivir os nosos contos e as nosas lendas. Foi esta mañá no auditorio da Casa da Cultura de Cee grazas á Fundación Fernando Blanco de Lema.

Esta función foi reseñada polo xornal La Voz de Galicia.

 

Toin Toin no Festival das Nubebés

Toin Toin no Festival das Nubebés

O festival das Nubebés, adicado ás artes escénicas para bebés e familias xa chegou a sua V edición!!

Toin Toin, a pequena coella, escoita o conto que lle le Papá Coello antes de durmir. Doces soños!! Grazas, grandes e pequechos, por axudarme a durmir a Toin Toin nas catro  funcións no escenario da Casa das Campás en Pontevedra.

No Faro de Vigo de hoxe sae un intre TOIN TOIN! As pequenas mans sempre dispostas a axudar!

 

Cocorocó no programa No Verán… un conto do Concello de Vigo

Cocorocó no programa No Verán… un conto do Concello de Vigo

Da man de Vigo En Galego e no programa #NoVeránunconto  da Concellaría de Normalización Lingüística chega Cocorocó ás prazas e rúas da cidade de Vigo.

O día 2 de agosto a cita foi no Barrio no Calvario, díante do mercado:

 

O 4 de agosto, a fución debería ser na parte traseira do Museo Marco, mais a choiva quixo que coñecera a fermosa cafetaría artística Detrás do Marco.

 

E para rematar esta xira por Vigo, o día 7 de agosto, Cocorocó chegou á Praza do Emigrante:

O xornal Faro de Vigo, recolleou o inicio de esta breve mais intensa xira por Vigo

Libros agochados na Biblioteca de Pontevedra

Libros agochados na Biblioteca de Pontevedra

Quen viu algunha vez un libro nun bambán, ou tomando o sol a beira dun río? Quen non escoitou falar do baile das follas escritas? Quen non recorda a nana do libro durmido? Están aí, entre nós, agochados de diferentes formas… Na Biblioteca Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola.

O xornal La Voz de Galicia reseñou esta actuación na sua edición de Pontevedra:

 

Ven a Conto no Salón do Libro de Pontevedra

Ven a Conto no Salón do Libro de Pontevedra

Ven a Conto foi a miña aportación ao XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que baixo o lema O mundo que queremos,  busca aunar aportacións reais, tanxibles e factibles para construir ese mundo mellor que todos queremos:

Ven a Conto no Salón do Libro de Pontevedra

O Diario de Pontevedra reseñou o miña actuación na sua edición do 14 de marzo de 2017.

X