Nanocontos en Carballo

Nanocontos en Carballo

Nano viaxou ata a Ludoteca Municipal de Carballo grazas o programa Apego. Moi ben o pasamos coas aventuras de Nano, quen voltará a Carballo en febreiro e mais en marzo. Estade atentos á miña axenda!

O xornal La Voz de Galicia reseñou esta actividade na súa edición de Bergantiños do día 1 de febreiro:

 

O que se enchufa, recíclase!

O que se enchufa, recíclase!

Botando un cable, nunca mellor dito, na campaña de reciclaxe O que se enchufa, recíclase . Moi ben o pasamos no colexio San José de Pontevedra,  moitas e moitos axentes S-RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos) infiltrados hai xa polas casas.
Grazas pola confianza!

Aquí vos deixo a ligazón para que saibades onde levar os vosos aparellos eléctricos e electrónicos que xa non serven: http://www.oqueseenchufareciclase.gal/gl/onde-reciclar

Non te líes, o que se enchufa RECÍCLASE!!

(Diario de Pontevedra, 25/01/2018)

Cocorocó nos colexios de Narón

Cocorocó nos colexios de Narón

Cocorocó estivo de xira este decembro polos centros de educación infantil do Concello de Narón: CPR Jorge Juan, CPI do Feal, CEIP da Gándara, CEIP Virxe do Mar, CEIP Piñeiros, CRA de Domirón, CPR Santiago Apóstol, CPR Ayala, CEIP A Solaina, CRA de Pedroso e CRA O Val foron os escenarios onde tiveron lugar as aventuras da nosa peculiar galiña azul. Preto de 600 alumnos de educación infantil asistiron ás 11 representación de Cocorocó que tiven o pracer de realizar desde o día 11 ata o 19 de decembro, grazas á iniciativa da Concellería de Ensino do Concello de Narón.

Nano en Carballo

Nano en Carballo

Nano non para de medrar, o día a día é unha aventura. Hoxe fixo moitas amigas e amigos con APEGO en Carballo. Dorme feliz!! Bicos de ra. Grazas por todo!!!

A Biblioteca na rúa en Narón

A Biblioteca na rúa en Narón

Este sábado 21 de Outubro, o Concello de Narón celebrou o Día da Biblioteca levando os libros á rúa: un programa de variadas actividades que incluiu a visita de Nano cos seus Nanocontos, para os mais pequenos e mais A Maleta da Avoa. Foi todo un pracer acudir a esta cita!!!



O Diarío de Ferrol fixose eco destes actos:

 

X