Obradoiro de iniciación na arte de contar contos

Obradoiro de iniciación na arte de contar contos

Este luns impartín un obradoiro de iniciación na arte de contar contos  aos alumnos de 2ºA e 2ºB de ESO do CPI “Curros Enríquez” de Pazos de Borbén.

O obxectivo deste obradoiro de iniciación foi o de intentar achegar ao alumnado o amor pola nosa lingua a través dos nosos contos e as nosas lendas para lles descubrir os nosos seres míticos, que en ocasións gardan moitas similitudes cos seres míticos doutras culturas.

O tempo foi pouquiño pero puxéronlle tantas ganas, teñen tanto que contar… que haberá que voltar!!!

O xornal Faro de Vigo reseñou este obradoiro na sua edición do 11/12/2018

Travesías na Casa da Cultura de Seixo

Travesías na Casa da Cultura de Seixo

O Grupo Cultural RONSEL de Seixo (Marín) organiza o II Outono cultural de Seixo, con unha morea de actividades na Casa da Cultura. Foi para min todo un pracer acudir con Travesías. Recordade o que dicía Emily Dickinson: “Para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro”

 

O Diario de Pontevedra fíxose eco da actuación:

O eco das pedras no mes da Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee

O eco das pedras no mes da Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee

Grazas ao alumnado de 5º e 6º de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial e as/os usuarios/as de ASPADEX, ás suas mestrás e mestres por escoitar O eco das pedras. Coidemos os nosos tesouros; a nosa lingua, as nosas lendas e os nosos petróglifos. Grazas tamén a Fundación Fernando Blanco de Lema e a Victor, o técnico do auditorio de Cee.

E  moitas grazas a Darío da Fundación Fernando Blanco de Lema, por contar comigo unha vez mais, e por estas belas verbas sobre o Eco das Pedras:

Fermosa proposta a de Raquel para que as nenas e os nenos coñezan o valor do noso patrimonio cultural; para que redescubran os nosos petróglifos e aprendan a estimalos e a coidalos; e para que coñezan os contos e lendas que nos fan pobo, e logo lles pregunten aos seus avós e bisavós por eles, para que as historias revivan e nunca se esquezan.

Ata a próxima lenda!!!

O xornal dixital Que pasa na costa publicou un artigo sobre a programación da Fundación Fernando Blanco:

Raposadas en Ribeira

Raposadas en Ribeira

Hoxe pola mañá non se cabía na Biblioteca de Riveira para festexar o Día da Biblioteca. Cantas amigas e amiagos novos fixen!! Marco contoume que á súa casa van dous raposiños , chamounos Lusco e Fusco!

O xornal La Voz de Galicia reseñou esta actuación na sua edición de Barbanza;

 

Obradoiro de contos con obxectos en Barro

Obradoiro de contos con obxectos en Barro

No obradoiro de contos con obxectos que impartín en Barro  gocei unha chea, pasaron as horas voando. Estas mulleres teñen tanto que contar. A radio antiga , o vello costureiro, a toca de mamá… gardan a súa memoria.
Son fantásticas!!! Claro que sí, están a xogar moito, lembrando moito, imaxinando moito!!! O sábado, 9 de xuño, coñecimos un pouquiño máis a estas mulleres “Cheas de Historias”. Grazas a Pilar por todo, a Roberto pola confianza e ao señor alcalde de Barro por programar estas iniciativas culturais! “DÁNDOLLE Á LINGUA”.

Podedes ver as presentacións destas magníficas alumnas no seguinte video:

O Diario de Pontevedra reseñou a presentación na sua edición do 13/06/2018:

 

Ruta Propia na Biblioteca de Riveira

Ruta Propia na Biblioteca de Riveira

Na Biblioteca de Riveira esta mañá atopei a moitas nenas e nenos, e non tan nenxs que se sinten tamén galegos de corazón, como María Victoria Moreno. Ao rematar fun visitar a exposición de libros dela, sorpresas que depara seguir unha RUTA PROPIA. Grazas por escoitar!!!

O xornal Compostela24horas.com, reseñou esta actuación:

X