Día Internacional da Biblioteca

Día Internacional da Biblioteca

Comezo as celebracións do Día Internacional da Biblioteca, precisamente nunha delas: a Biblioteca Municipal “Rosalía de Castro” de Vilagarcía. Ese espazo invitoume a unirme os actos que conmemoran esta data sinalada, e que mellor que facelo contando os contos de A Maleta da Avoa:

Os actos organizados tiveron unha notable repercusión na prensa:

La Voz de Galicia (Edición Arousa) 25/10/2014

Faro de Vigo (edición Arousa), 25/10/2014

 

Nanocontos no Festival de Teatro Galego de O Carballiño.

Nanocontos no Festival de Teatro Galego de O Carballiño.

Festival de Teatro Galego

Casa da Cultura do Carballiño foi o escenario ideal para o espectáculo de contos Nanocontos, dentro da programación do Festival de Teatro Galego (FETEGA) que se celebra anualmente nesta vila ourensana, e que este ano acadou xa a súa 25 edición.

Nanocontos no Festival de Teatro Galego de O Carballiño.

Grazas á organización de FETEGA por programar tamén para os máis pequechos, que serán o público adulto do teatro de mañán.

A criança que fui chora na estrada.
Deixei-a ali quando vim ser quem sou;
Mas hoje, vendo que o que sou é nada,
Quero ir buscar quem fui onde ficou.

Fernando Pessoa

A infancia deixa rastros na nosa memória, como surcos nun rosto ou nun campo labrado.

William Wordsworth.

La Región- 04/09/2014

XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Cociñando Contos, este foi o lema da XV edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrou nesta cidade entre o 14 de marzo e o 5 de abril. Foron unhas semanas intensas, cheas de contos, espectáculos, obradoiros, presentacións e concertos. A afluencia de público foi moi notable, e os espazos destinados os contos deseguida quedaban pequenos.

Dentro das actividades del Salón, tambén estreouse Gatuxo, o novo concerto teatralizado de Magín Blanco, que tiven o inmenso placer de dirixir e interpretar

Parabéns a todas as persoas que participan na organización de esta xa imprescindible cita cultural.

Reportaxe do Diarío de Pontevedra sobre o Salón:

Gala Cuentos Coros Azules

Gala Cuentos Coros Azules

A Asociación de Nenas e Nenos con Diabete de Galicia (ANEDIA), organizou a  I Gala Contos Coros Azuis, no Teatro Principal de Pontevedra, para concienciar á sociedade  sobre as dificultades que se atopan os pequenos con diabetes, sobre todo aquelas non vinculadas a súa condición, senón motivadas polo descoñocemento do entorno social.

A gala solidaria contó con actuaciones de contacontos (Soledad Felloza, Coda e Miolo e eu mesma), música (A Coral Polifónica de Pontecesures, o Coro Infantil Melodías de Pontecesures, as solistas Mercedes Tilve e Cristina Martiño; e a pianista Irene Pérez Bornstein) e danza (Escuela de Danza Clásica A Saleta) presentadas pola  actriz Isabel Risco. La convocatoria resultou  un éxito de público con un cheo total no patio de butacas do Teatro Principal de Pontevedra

Moitas grazas polo duro  traballo desinteresado de todos os que fixeron posible o éxito de esta I Gala Contos Coroz Azuis!

 

X