Raposadas na biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo
Hoxe venres, na Biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo, liamos todxs mentres agardábamos a que comezaran os contos. Grazas por vir facer Raposadas, familias, as de diante e as de atrás.
Hoxe venres, na Biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo, liamos todxs mentres agardábamos a que comezaran os contos. Grazas por vir facer Raposadas, familias, as de diante e as de atrás.
Todo comezou o día que unha nena con diabetes da nosa Asociación ANEDIA contoume que na escola non a deixaban ir de excursión, nin tampouco ir ao comedor. Tamén , chorando, díxome que algunha das amigas non a convidaban aos seus aniversarios, nin a durmir na súa casa. E outros compañeiros de clase non se lle achegaban moito por se os contaxiaba…
Íncrible, mais certo!!.
Falei con Aldara, a miña filla que ten diabetes tipo 1 desde que ten un ano e con Daniel Piñeiro, a miña parella, e entre os tres creamos Historias azuis. Integra a diabetes na escola para chegar aos centros educativos.
Grazas a Alvariza por permitirnos usar unha das súas fermosas pezas musicais.
Grazas ao Concello de Pontevedra polo seu apoio. Grazas a ANEDIA por todo o que facedes día tras día para mellorar as situacións das nenas e nenos con diabetes. Orgullosa estou de formar parte desta equipa
O 21 de outubro, fíxose a presentación das actividades de este estraño ano 2020:
Diario de Pontevedra (21/10/2020)
O 5 de novembro, Nano estivo en Vigo contándolles aos máis pequenos como é iso de ter diabetes. Primeiro no CEIP A Canicouva e logo no colexio San José de Cluny
Durante a semana do 2 o 9 de novembro estiven contando “Historias azuis. Integra a diabetes na escola” en diferentes centros educativos de Pontevedra. Foron dous espectáculos diferentes dependendo das idades do alumnado. Para xs máis cativxs de 3 a 6 anos contei “Nano ten diabetes” e para o alumnado de 7 a 11 anos “Un caso azul” Grazas de novo ao Concello de Pontevedra polo seu apoio!!
As dúas funcións no CEIP Álvarez Limeses foron xenial. Grazas pola vosa atención, e por tantas preguntas, alumnado de 5 de primaria!! Grazas ás mestras, ao colexio, ao Concello de Pontevedra polo seu apoio.
Grazas á Revista Mi Biblioteca , editada pola Fundación Alonso Quijano para el fomento de la lectura por mostrar interés polo meu espectáculo Cinema Marabillas. Ver para ler, grazas á Biblioteca de Redondela por programar esta proposta de amizade entre o cinema e a literatura dentro da programación de Ler Conta Moito.
A actuación foi realizada o 28 de agosto no Auditorio da Xunqueira en Redondela, podedes ver a entrada do meu blog aquí.
Hoxe na Biblioteca de Pontevedra moi ben o pasamos no obradoiro de “Precine. Os marabillosos xoguetes ópticos”. As nenas e os nenos non querían marchar, e de seguro que na casa seguen facendo xoguetes marabillosos en familia. Grazas á Luisa Piñeiro por asistir ao obradoiro e a Angeles, a directora da Biblioteca por seguir programando actividades culturais. Non o esquezades, a cultura é segura!
O Diario de Pontevedra fíxose eco do inicio do programa “Historias azuis, integra a diabetes na escola” nos colexios de Pontevedra.
Diario de Pontevedra, 4/11/2020
Para as nenas e nenos dos colexios de Ribeira, vai con todo o agarimo tamén a miña versión de “A farsa das zocas” do gran Ricardo Carvalho Calero, grazas por contar comigo!!
O xornal El Correo Gallego, reseñou esta actividade: