Cinema Marabillas en Ribadeo

Cinema Marabillas en Ribadeo

Quedou tarde de cine!! Grazas familias de Ribadeo por entrar no Cinema Marabillas. Non faltou aventura, humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación. A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cine. O cinema tamén se le.

O xornal La Voz de Galicia, fíxose eco da actuación:

Somos iguais en Silleda

Somos iguais en Silleda

Que tripulación máis riquiña e valente atopei na Biblioteca de Silleda, fomos na procura de contos que falan de igualdade. Houbo debate, iso é bo!!  Grazas Teresa e Mónica!! Grazas por seguir pelexando polas actuacións presenciais. Ata o próximo conto!

O xornal La Voz de Galicia, fíxose eco da actuación:

Conversa en Onda Cero con Susana Pedreira

Conversa en Onda Cero con Susana Pedreira

Moitísimas grazas, Susana Pedreira pola entrevista tan entrañable de hoxe en Onda Cero Pontevedra.
Ups!!  confundín Berrobambán teatro con Baobab teatro…Que cabeciña! . Con Berrobambán tamén estiven…Son tantas persoas as que tería que dar as grazas por axudarme no meu camiño, que non tiven tempo de mencionalas a todas!!!
Gustoume moito a entrevista. Semella unha conversa de amigas poñéndose ao día. Agora faltarían as miñas preguntas sobre ti, Susana, e a túa arte!!
Apertas!!! Ata a próxima historia
Cada xoves tomamos a última con pontevedreses, de nacemento ou de corazón, que nos falan dos seus proxectos. Unha charla coloquial e distendida que esta semana ten como protagonista a Raquel Queizás, contadora de historias, actriz, titiriteira e filóloga. Neste enlace directo á nosa web (Onda Cero) podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira en “Más de Uno Pontevedra”.

 

Raposadas en Conxo

Raposadas en Conxo

E continúo a festexar o Día da Narración Oral na Carballeira de Conxo, preto do Centro Cultural Aurelio Aguirre, en Santiago de Compostela.

Grazas o Festival Atlántica por contar comigo unha vez maís!, e grazas a Xaime Cortizo polas marabillosas fotografías.

Feliz Día da Narración Oral e do Teatro, son Artes Irmás!!!!

 

 

 

 

 

Raposadas en Ribeira

Raposadas en Ribeira

Hoxe, 20 de marzo, festexamos o Día Internacional da Narración Oral. Moitas narradoras e narradores compartimos contos por moitos lugares de Galicia.

Pola mañá, tiven o pracer de contar Raposadas no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira. Moi ben o pasamos!:

O Diario de Arousa fíxose eco da actuación:

 

 

X