Romaría en Cee

Romaría en Cee

230 mozas e mozos dos colexios Eduardo López e Manuela Rial Mouzo de Cee e tamén os usuarios de Aspadex, acompañáronme na Romaría para vivir os nosos contos e as nosas lendas. Foi esta mañá no auditorio da Casa da Cultura de Cee grazas á Fundación Fernando Blanco de Lema.

Esta función foi reseñada polo xornal La Voz de Galicia.

 

Toin Toin no Festival das Nubebés

Toin Toin no Festival das Nubebés

O festival das Nubebés, adicado ás artes escénicas para bebés e familias xa chegou a sua V edición!!

Toin Toin, a pequena coella, escoita o conto que lle le Papá Coello antes de durmir. Doces soños!! Grazas, grandes e pequechos, por axudarme a durmir a Toin Toin nas catro  funcións no escenario da Casa das Campás en Pontevedra.

No Faro de Vigo de hoxe sae un intre TOIN TOIN! As pequenas mans sempre dispostas a axudar!

 

Cocorocó no programa No Verán… un conto do Concello de Vigo

Cocorocó no programa No Verán… un conto do Concello de Vigo

Da man de Vigo En Galego e no programa #NoVeránunconto  da Concellaría de Normalización Lingüística chega Cocorocó ás prazas e rúas da cidade de Vigo.

O día 2 de agosto a cita foi no Barrio no Calvario, díante do mercado:

 

O 4 de agosto, a fución debería ser na parte traseira do Museo Marco, mais a choiva quixo que coñecera a fermosa cafetaría artística Detrás do Marco.

 

E para rematar esta xira por Vigo, o día 7 de agosto, Cocorocó chegou á Praza do Emigrante:

O xornal Faro de Vigo, recolleou o inicio de esta breve mais intensa xira por Vigo

Cocorocó en Ourense!

Cocorocó en Ourense!

Comeza a semana de celebración das Letras Galegas, este ano adicada ao gran Carlos Casares. Hoxe luns, 15 de maio, pola mañá, tiven a sorte de levar o meu espectáculo COCOROCÓ (homenaxe ao libro ‘A galiña azul’) ata a Praza de San Martiño en Ourense. Un gran evento, unha festa, organizado pola Concellería de Educación de Ourense para o alumnado dos colexios de esta fermosa cidade:

A Televisión de Galicia fixo esta fermosa reportaxe:

E tamén a canle Telemiño reseñou este espectáculo:

X