Nanocontos en Ourense

Nanocontos en Ourense

Croa, croa!! Cullarapiñas e cullarapiños e tamén ras, este venres 2 de febreiro estivemos Nano e eu, grazas ao Apego, en Ourense, inaugurando a nova tempada do Auditorio Municipal.

O xornal La Región reseñou o espectáculo na súa edición do día 2 de febreiro:

 

Nanocontos en Carballo

Nanocontos en Carballo

Nano viaxou ata a Ludoteca Municipal de Carballo grazas o programa Apego. Moi ben o pasamos coas aventuras de Nano, quen voltará a Carballo en febreiro e mais en marzo. Estade atentos á miña axenda!

O xornal La Voz de Galicia reseñou esta actividade na súa edición de Bergantiños do día 1 de febreiro:

 

O que se enchufa, recíclase!

O que se enchufa, recíclase!

Botando un cable, nunca mellor dito, na campaña de reciclaxe O que se enchufa, recíclase . Moi ben o pasamos no colexio San José de Pontevedra,  moitas e moitos axentes S-RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos) infiltrados hai xa polas casas.
Grazas pola confianza!

Aquí vos deixo a ligazón para que saibades onde levar os vosos aparellos eléctricos e electrónicos que xa non serven: http://www.oqueseenchufareciclase.gal/gl/onde-reciclar

Non te líes, o que se enchufa RECÍCLASE!!

(Diario de Pontevedra, 25/01/2018)

Cocorocó nos colexios de Narón

Cocorocó nos colexios de Narón

Cocorocó estivo de xira este decembro polos centros de educación infantil do Concello de Narón: CPR Jorge Juan, CPI do Feal, CEIP da Gándara, CEIP Virxe do Mar, CEIP Piñeiros, CRA de Domirón, CPR Santiago Apóstol, CPR Ayala, CEIP A Solaina, CRA de Pedroso e CRA O Val foron os escenarios onde tiveron lugar as aventuras da nosa peculiar galiña azul. Preto de 600 alumnos de educación infantil asistiron ás 11 representación de Cocorocó que tiven o pracer de realizar desde o día 11 ata o 19 de decembro, grazas á iniciativa da Concellería de Ensino do Concello de Narón.

FIC Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

FIC Vía XIV Festival Internacional de Curtas de Verín

Un día de sol radiante cos prados brancos comeza en Verín. Xa botou a andar con gran éxito a segunda edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAS DE VERÍN . Onte día 5 de xaneiro o “futuro”, as nenas e nenos de diferentes colexios de Verín e comarca viñeron gozar do cinema!!! Que mellor ocasión para contarlles como comezou esta ilusión que se fixo arte, a sétima arte.

Unha maleta vella esconde, como se de unha “cápsula do tempo” se tratase, os recordos dun neno de Verín que desde 1905, con oito anos, fascinado pola imaxe en movemento soña con ser de maior operador cinematográfico. El é Máximo godás  e conseguiu facer realidade o seu soño de cinema.

Aquí vos deixo a promo que fixo Jorge Máximo Godás para o MINIFIC nela sae Aldara, a miña filla, homenaxeando a un dos seus actores cómicos favoritos do cinema…

Feliz de actuar na miña terra para o FUTURO, butacas cheas de soños para gozar do cinema. Xa queren que volva o ano que vén, ogallá!!! Grazas á organización e a toda a xente que traballou como voluntarios. Grande equipa, noraboa!!!

O programa A Revista da Televisión de Galicia fixo un pequeno reportaxe sobre o MiniFIC:

 

X