Historias azuis 2019

Historias azuis 2019

Continuamos de ruta por diversos colexios co proxecto Coa diabetes na mochila: historias azuis. Esta actividade, desenrolada en colaboración coa Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes de Galicia (Anedia)ten como obxetivo a normalización da diabetes nas escolas.

Un proxecto que comenzou no ano 2017 e para o que contamos ca axuda de Cultura da Deputación da Coruña e tamén da Deputación Pontevedra. Pero que tamén levamos a cabo en Lugo e Ourense.

O 20 de maio estiven no CEIP de Cespón (Boiro), no CEIP Nebra (Sobrado, Porto do Son) e no Colexio Galaxia de Riveira. O día 27 de maio, a ruta continuou polo CEIP da Ramallosa (Teo) e no CEIP Cardeal Quiroga Palacios (Santiago de Compostela). Grazas á Cultura da Deputación da Coruña polo seu apoio. Tamén contamos coa colaboración do Departamento de Servizos Comunitarios do Concello Riveira e  a Concelleria de Xuventude de Riveira.

Vai polas nenas e polos nenos!

La Voz de Galicia reseñou estas actividades na súa edición do Barbanza do día 19/05/2019:

Nano vai á escola en Ribeira

Nano vai á escola en Ribeira

Rodeada de arte e xente marabillosa un día máis, transcorreu a xornada de contos ‘Nano vai á escola’, na Sala de exposicións do centro cultural Lustres Rivas. Grazas cullarapiñas, cullarapiños e familias de Ribeira por escoitar!! Pasade un bo verán!!

O Diario de Arousa, reseñou a actuación na súa edición do 26/06/2019:

Nano en Noia

Nano en Noia

Este martes 21 de maio, na biblioteca de Noia non cabía ningunha cullarapiña máis!! Grazas por encher a biblioteca de risos, contos, cantigas e bicos de ra. Nano tamén está desexando volver….

E claro que Nano regresou! O venres 24 “O xogo de Nano” encheu o salon de actos da biblioteca Municipal de Noia:

La Voz de Galicia, 21/05/2019

 

Raposadas con Antonio na Pobra do Caramiñal

Raposadas con Antonio na Pobra do Caramiñal

Achégase o Día das Letras Galegas!! Hoxe, 13 de maio tiven o pracer de realizar dúas funcións escolares no Teatro Elma de A Pobra do Caramiñal de Raposadas con Antonio. Homenaxe a Antonio Fraguas, para 150 nenas e nenos das escolas de infantil e primaria. Esta actividade foi Organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de A Pobra do Caramiñal, coma parte da celebración do Día das Letras Galegas.

O Canal Barbanza fixóse eco da actuación

 

 

X