Historias da Maletra na Biblioteca de O Rosal

O pasado sábado, eu e a miña Maletra, visitamos a Biblioteca Municipal de O Rosal. Os últimos sábados de cada mes, as 12 da mañán, as nenas e nenos, nais e pais, avoas e avós, poderán escoitar os contos na Biblioteca.

Podedes ver os comentarios sobre actuación no blog do Concello de O Rosal:

“Nesta ocasión, a contadora Raquel Queizás destacou pola súa imaxinación, empatía cos nenos e pola súa capacidade de manter a atención dos nenos grazas ao protagonismo e participación deles nos propios contos.”

O sábado 26 de novembro, as 12 da mañán, voltarei cun novo espectáculo de contos.

 

Os Contos do Cestiño na VIII Feira Medieval de As Pontes

A vila de As Pontes, celebrou a VIII edición da súa Feira Medieval: damas, cabaleiros, combates a espada, falcóns sobrevoando as rúas, un animado mercado e baixo a jaima que cubría a praza da igrexa, estaba o meu cesto cheo de historias e lendas  de aqueles tempos de dragóns e castelos.

Aquí podedes atopar a reseña que da Feira fixo “La Voz de Galicia”.

 

Contos en Entrimo

Os Contos no Tendal viaxaron ata Entrimo (Ourense). A praza do Toural, no centro desta vila, foi o lugar elexido para a representación. O espazo lembraba aos anfiteatros romanos. O público foi moi participativo tanto os pequenos como os que aínda levan un neno dentro.

Quero agradecer a Luis Lupiáñez e o seu grupo Música Doméstica por proporcionarme a música renacentista que utilizo neste espectáculo.

 

Galardón no “VI Certamen de Cuenta Cuentos Tierras Del Torio”

Galardón no “VI Certamen de Cuenta Cuentos Tierras Del Torio”

O xurado do “VI Certamen de Cuenta Cuentos Tierras Del Torio” decidiu que o meu espectáculo “El Cesto de los  Cuentos” (Contos do Cestiño), merecía o segundo premio de este certame.

E así, regresamos a San Feliz de Torío, a gala de entrega dos premios, que incluía unha pequena actuación por parte dos agasallados.O primeiro premio correspondeu o grupo Primigenius, de Getafe, coa obra “Xemaá-el-Fná.” O terceiro premio foi para Carlos Alba, de Asturias, polo seu espectáculo “Juglarias”

Noraboa a todos os premiados!

A gala foi conducida por Crispin d´Olot, quen tamén fixo a lectura dos premios. Despois das actuaciones e da entrega de premios, puidemos disfrutar do excelente viño e embutidos de esta terra. Desde aquí, lle dou de novo as gracias os membros do xurado.

 

Contos en Villapadierna (León)

Pois continúo por terras leonesas: os veciños de Villapadierna organizan tódolos anos unha comida popular nunha carballeira cercana a vila, chamada “La Cota de Villapadierna” . Nesta ocasión decidiron contratarme para amenizar esta velada. Así que a sombra dos impresionantes carballos centenarios, contei para casi todos os habitantes, pequenos e grandes. Foi unha experiencia moi fermosa.
Gracias a Noelia e Fernando por invitarme, e tamén polos riquísimos embutidos cos que me agasallaron.

 

X