Somos Iguais

Somos Iguais

Contos pola igualdade

SOMOS IGUAIS

Queliña quere  ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!!

Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Sí, igual de valentes e igual de sensibles.

Descubriremos  historias de nenas e nenos (ou animais) que rompen os estereotipos que abundan nos contos; nenas decididas, nenos sensibles. Identificaremos  situacións as que nos temos que enfrontar día a día, na escola, na casa, cos amigos, …onde a violencia ou a agresividade física e verbal pode ter solución grazas a palabra e gozaremos brincando coa imaxinación que nos une.

Dende a nenez pódese previr todo tipo de violencia mediante novos modelos de feminidade e masculinidade rachando así cos roles e estereotipos asignados. 

Desmontemos cos contos eses estereotipos que  dificultan a convivencia pacífica entre nenas  e nenos.

 

AS NENAS

As nenas necesitan outros modelos nos que reflexarse. Dende moi pequenas a sociedade, ensina as nenas que a súa valía  está determinada primordialmente pola súa beleza, o seu rol reproductivo, a súa delgadez, por ser sensibles, cariñosas e obedientes e non pola súa intelixencia , asertividade creatividade e capacidad crítica ou de liderazgo.

 

OS NENOS 

As emociones non son só

cousas de nenas… É moi importante que os nenos  aprendan a expresar tamén de forma axeitada as súas emocións, moitas vetadas como xénero,  que pode rematar sendo unha das sementes de maltrato no futuro. Teñen que sentirse libres para falar sobre iso, para evitar que esa frustración xenere agresividade e violencia : ” os nenos non choran”, ” iso é cousa de nenas”…

 

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

“As sementes da violencia seméntanse  nos primeiros anos de vida, cultívanse  e desenrólanse  durante a nenez e comezan  a dar os seus froitos malignos na adolescencia”

Precisamos, a través dos contos, mostrar ás nenas e ós nenos outros modelos cos que identificarse, para que vexan que SOMOS IGUAIS; nenas fortes, nenos sensibles. 

Os contos fomentan a empatía. É dicir, a capacidade de poñerse no lugar doutro e identificar as emociones alleas. Os contos son unha gran ferramenta para a coeducación, pero antes de enseñar hábitos, debemos aprender a ser, como dicía  Aristóteles, a nosa mellor versión posible de nós mesmos. Esa é a felicidade. E para alcanzala temos que desaprender, criticarnos, ver e comprender, saber identificar un entorno ou situación violenta tanto no ámbito doméstico, no ámbito escolar como no ámbito persoal. Só así  poderemos cambiar o que non funciona.

Caso Pechado

Caso Pechado

Relatos de misterio.

Historias de terror.

Lendas urbanas.

Caso Pechado é un espectáculo de narración oral para adolescentes, que recolle lendas urbanas, relatos de misterio e historias de terror.

Unha detective fala dos casos máis curiosos que tivo que investigar. Case todos foron resoltos, son casos pechados, agás algúns…

Atenea na Terra

Atenea na Terra

A deusa Atenea está na terra, vén de incógnito, ocultando os seus ollos relucentes baixo unhas lentes de sol.
Atenea chega na procura do seu pai, Zeus, para investigar en que se metamorfoseou esta vez. Tras ser descuberta, lembraranos como foi o seu estraño nacemento e como se vive no Olimpo.

Navegando nas verbas da deusa rememoraremos, quer como testemuñas, quer como protagonistas, diferentes mitos gregos:

A MAZÁ DE OURO
ECO E NARCISO
TESEO E ARIADNA

Atenea vén para demostrarlles aos mortais que o amor non trae máis que sufrimento e desgrazas, mais… quen pode resistir os seus doces e tentadores lazos?

Dulcinea

Dulcinea

Onde se conta o que sucedeu o día no que Dulcinea do Toboso escapou do libro Don Quixote da Mancha. Aventuras e desventuras dunha muller, metade pailana, metade dama.

Cansa de que todos falen e opinen sobre ela, Dulcinea decide contarnos a súa versión dos feitos:

C como se coñeceron de pequenos ela e don Quixote; o seu grande amor polos libros; a máis fantástica aventura imaxinada dos muíños de vento; como foi o seu encantamento e moito máis…

X