O Segredo do Tendal

O Segredo do Tendal

O segredo do tendal

Historias increibles e manipulación de obxectos.

Colgadas no tendal, as letras senten o sol a facerlles cóxegas e bailan unhas coas outras. A roupa tamén quere xogar como elas xogan: as pinzas axudan a un pano a medrar até se converter nunha montaña, unha toalla foxe correndo entre as cordas… ou é un can de palleiro?
É que neste espectáculo que xoga a tensar os límites entre os contacontos, os títeres e a pantomima, e con eles as fronteiras da imaxinación máis alá do escenario, case nada é o que parece.

Grazas a unha técnica de manipulación de panos, inspirada nos mestres das marionetas orientais, o escenario pasa de amosar pezas de roupa secando ao sol a ser o interior dun castelo, un mar poboado por sereas ou a cova dun feroz polbo, gardián dun tesouro.

Inspirado nas lembranzas de moitas tardes escoitando as historias da miña avoa mentres tendiamos a roupa ao sol de agosto, preparei este espectáculo para presentar a tradición oral á nova xeración de nativos dixitais.
Porque… habería máis cousas que contar, pero parece que secou a roupa…

Somos Iguais

Somos Iguais

Contos pola igualdade

SOMOS IGUAIS

Queliña quere  ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!!

Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Sí, igual de valentes e igual de sensibles.

Descubriremos  historias de nenas e nenos (ou animais) que rompen os estereotipos que abundan nos contos; nenas decididas, nenos sensibles. Identificaremos  situacións as que nos temos que enfrontar día a día, na escola, na casa, cos amigos, …onde a violencia ou a agresividade física e verbal pode ter solución grazas a palabra e gozaremos brincando coa imaxinación que nos une.

Dende a nenez pódese previr todo tipo de violencia mediante novos modelos de feminidade e masculinidade rachando así cos roles e estereotipos asignados. 

Desmontemos cos contos eses estereotipos que  dificultan a convivencia pacífica entre nenas  e nenos.

 

AS NENAS

As nenas necesitan outros modelos nos que reflexarse. Dende moi pequenas a sociedade, ensina as nenas que a súa valía  está determinada primordialmente pola súa beleza, o seu rol reproductivo, a súa delgadez, por ser sensibles, cariñosas e obedientes e non pola súa intelixencia , asertividade creatividade e capacidad crítica ou de liderazgo.

 

OS NENOS 

As emociones non son só

cousas de nenas… É moi importante que os nenos  aprendan a expresar tamén de forma axeitada as súas emocións, moitas vetadas como xénero,  que pode rematar sendo unha das sementes de maltrato no futuro. Teñen que sentirse libres para falar sobre iso, para evitar que esa frustración xenere agresividade e violencia : ” os nenos non choran”, ” iso é cousa de nenas”…

 

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

“As sementes da violencia seméntanse  nos primeiros anos de vida, cultívanse  e desenrólanse  durante a nenez e comezan  a dar os seus froitos malignos na adolescencia”

Precisamos, a través dos contos, mostrar ás nenas e ós nenos outros modelos cos que identificarse, para que vexan que SOMOS IGUAIS; nenas fortes, nenos sensibles. 

Os contos fomentan a empatía. É dicir, a capacidade de poñerse no lugar doutro e identificar as emociones alleas. Os contos son unha gran ferramenta para a coeducación, pero antes de enseñar hábitos, debemos aprender a ser, como dicía  Aristóteles, a nosa mellor versión posible de nós mesmos. Esa é a felicidade. E para alcanzala temos que desaprender, criticarnos, ver e comprender, saber identificar un entorno ou situación violenta tanto no ámbito doméstico, no ámbito escolar como no ámbito persoal. Só así  poderemos cambiar o que non funciona.

Cocorocó

Cocorocó

‘COCOROCÓ’ é un  espectáculo de narración oral no que se empregan obxectos, monicreques, debuxos e interación  co público. 

Pero…quen  canta COCOROCÓ? Unha galiña, pero non unha galiña calquera, non, unha galiña azul. Sí, azul como o ceo, coma o noso mar, unha galiña diferente a todas as demáis. Por iso é perseguida e quere matala  Manolito Listón, o alcalde, porque él di que  unha galiña que en vez de dicir cacaracá di cocorocó, que pon ovos de cores e ten cinco plumas  vermellas na á dereita , “non é unha galiña como debe ser pero… 

Chsss! silencio, é mellor que o conte ela, sí a Galiña Azul.

-Cocorocó!!! 

Así se anuncia cando chega. Quen quere escoitala? 

Non vai soa. Nesta divertida viaxe, acompáñana Leoncio, Ana e Carlos. 

Cocorocó é un berro de loita contra as inxustizas, é un canto que nos fai pensar, respectar e valorar á outra que é diferente a nós para defender a diversidade. 

Ven a Conto

Ven a Conto

Contos para educar a intelixencia emocional.

O sol loce sobre un fermoso ceo violeta. A señora Teresa  almorza galletas sen présa, mentras lembra unha brincadeira de cando era nena. Aldariña prepara a mochila cos libros e o medidor de insulina para ir ao cole axiña . Pedro quedou  durmido co libro pegado ao couquizo…

Comeza o día en vila Conto. Os paxaros libro cantan: “Había unha vez”.

Xogo a que Conto se chama esa vila na que eu moro, onde os paxaros libro me contan historias dos veciños e as veciñas. Historias para vencer a soidade, para resolver conflitos de forma positiva, para gañar amigos e perder inimigos. Todas e todos merecemos unha oportunidade para ser mellores…

Ven a Conto de Raquel Queizás
Ven a Conto de Raquel Queizás
Ven a Conto de Raquel Queizás
Ven a Conto de Raquel Queizás

DATOS TÉCNICOS

Dirección e interpretación: Raquel Queizás

Monicreques de papel: Raquel Queizás e Aldara Piñeiro

Escenografía e deseño do cartaz: Juan Juste (Supervillano)

Espacio sonoro: Daniel Piñeiro

Duración do espectáculo: 45m.

Montaxe: 60m. Desmontaxe: 30m

Idade recomendada do público: de 3 a 11 anos, familiar.

Romaría

Romaría

Romaría é un espectáculo de narración oral onde as nosas lendas tradicionais achegan o mundo rural e antigo aos rapaces, descubríndolles un modo de vida descoñecido para os máis deles.

Queliña, unha nena de aldea, ten que rematar de apañar as patacas para que a deixen ir á romaría. Alí quedou cos amigos para brincar, bailar e facer carreiras de sacos. Cara á tardiña, antes de que remate a festa, todos os rapaces buscan a avoa Tareixa para que lles conte lendas, lendas para perder o medo.

Á velliña xa lle falla a memoria e é moi despistada, pero as historias que escoitou de nena, esas, non as esquece: lendas de mouras encantadas en fontes, historias de sacos que cantan e lendas que seguen mantendo os nenos atentos, abraiados, coa boca aberta, escoitando cómplices.

As lendas e os contos tradicionais non pasaron de moda; pola contra, están de plena actualidade, xa que a través deles se poden tratar temáticas moi presentes hoxe en día como son a violencia, a diversidade, o medio ambiente ou os hábitos saudables, entre outros.

Así mesmo, estas historias mostran personaxes cos que as nenas e os nenos se poden identificar e que lles serven de referente para adquirir e interiorizar normas sociais, valores e contravalores necesarios para o asentamento dos cimentos da súa personalidade, para convivir, socializar, resolver problemas ou superar os obstáculos que se lles presenten e participar activamente na sociedade, sempre dende un espírito crítico.

Finalmente, tamén lles aprenden que o medo é necesario como un mecanismo de defensa e prevención perante os perigos alleos que existen na sociedade.

DATOS TÉCNICOS:

 

Dirección e interpretación: Raquel Queizás

Duración: 50 minutos (45 minutos de montaxe)

Público: nenas e nenos desde 3 anos e familias.

 

 

Mariña

Mariña

“As historias lévaas e tráeas a marea, as historias que sabe a nosa serea.”

“O mar é un lugar inmenso e misterioso e está poboado por seres fantásticos e reais.” 

Mariña, contos nacidos no mar  é  un espectáculo de narración oral no que se empregan obxectos, monicreques e a interacción co público para coñecer a Mariña e as súas historias.

Pero quen foi Mariña?  Foi unha serea galega que viviu entre nós hai moitos anos. Ao seu fillo contáballe lendas e mitos dos seres mariños que poboaban os fondos do mar.

Agora sae da auga para compartir todas as súas historias con nós e para traernos unha mensaxe moi urxente do océano: que o coidemos, que non esquezamos que nas súas augas naceu a vida e que é a casa de moitos animais e plantas, ademais de nos servir de fonte de alimento, traballo e riqueza  a nós, os seres humanos.

Hai que ir á pesca das historias propias da nosa memoria, da nosa tradición oral, para alimentar as novas xeracións.  E embarcarnos nos libros para ir na procura de historias alleas doutras terras, ás veces tan diferentes, ás veces tan semellantes  ás nosas.

”O mar, fermoso e misterioso…”

X